Inicio arrow Novas arrow Verdegaia cuestiona a mudanza da ubicación da estación de control da calidade do aire de Santiago  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia cuestiona a mudanza da ubicación da estación de control da calidade do aire de Santiago PDF Imprimir Correo-e
Venres, 14 de Setembro do 2007

Verdegaia-Compostela cuestiona a decisión da Consellería de Medio Ambiente e do Concello de Santiago, anunciada onte a través dalgúns medios, de trasladar a estación de control da contaminación do aire situada no Ensanche, na Praza de Vigo,  para o Campus Sur, logo de que Verdegaia chamase a atención sobre a superación en 2006 do valor límite horario de dióxido de nitróxeno (NO2) para a protección da saúde humana fixado pola lexislación. Semella que as Administracións públicas están máis interesadas en ocultar o problema de calidade do aire existente no centro da cidade que en afrontalo a través de medidas para reducir o tráfico. 

Chama a atención que, despois de que transcendese á poboación o incumprimento da lexislación sobre a calidade do aire no centro da cidade para o NO2, se decida mudar a ubicación dunha estación que fornece datos desde o 4 de xuño de 2005. E que ademais se traslade desde unha zona con vivendas e tráfico intenso até o centro do campus sur, pouco máis de dous anos antes de que entre en vigor, o 1 de xaneiro de 2010, o valor límite legal definitivo para NO2, de 200 microgramos/m3, inferior en 40 microgramos/m3 ao vixente no ano pasado e, polo tanto, de incumprimento máis probable aínda no futuro de non se adoptar medidas.  Verdegaia enviou hoxe un escrito á Dirección Xeral de Avaliación e Calidade Ambiental da Xunta solicitando a documentación técnica que motivou tanto a localización actual da estación como a elixida para o seu traslado. Esta documentación técnica é necesaria segundo o Real Decreto 1073/2002 sobre avaliación e xestión da calidade do aire.

A estratexia das Administracións públicas parece ser a de ocultar ou minimizar o problema de contaminación por NO2 no centro da cidade, en lugar de o resolver a través da redución do tráfico, contribuíndo así tamén á diminución da contaminación acústica e, en xeral, a facer unha cidade máis habitable e saudable para todas persoas que viven, traballan ou estudan en Santiago. Nesa estratexia incríbese tamén o incumprimento da obriga legal en relación coa información ao público, recollida no devandito decreto, de actualizar, "como mínimo, cada día, e cada hora", a información sobre as concentracións de NO2. Até agora só se presentaron resumos anuais. Desde este verán, infórmase diariamente a través da web da Consellería de Medio Ambiente sobre un índice sintético de calidade do aire, mais non sobre a evolución de cada parámetro, en particular de NO2.

FINSA

Canto á elevada contaminación por partículas en suspensión no contorno da empresa madereira FINSA, Verdegaia agarda que a Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Santiago non continuen a eludir o problema e esixan á empresa as medidas correctoras necesarias. Como se pode comprobar na documentación que acompaña a solicitude de autorización ambiental integrada presentada por FINSA para a súa fábrica de Santiago, a exposición pública nestes momentos, as emisións á atmosfera de partículas, medidas en abril de 2006 por unha consultora acreditada e contratada pola propia FINSA, en condicións representativas do funcionamento da fábrica, excede amplamente os valores de emisión de partículas legalmente permitidos.

Verdegaia-Compostela participa na campaña Aire Limpo, promovida a nivel estatal por Ecologistas en Acción.

Máis información:

Web Aire Limpo de Ecologistas en  Acción.

Web sobre calidade do aire en Galicia da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible 

 

 
Verdegaia - Compostela
Novas
Coordenadora Comarcal A Coruña
Contacto
+ Info
   Home  Print  @ Contact Top