• Esiximos da Xunta a retirada do documento porque vulnera os principios de neutralidade e obxectividade da administración, sendo absolutamente tendencioso
  • Denunciamos que a estratexia da Xunta fomenta o ‘lawfare’ contra as organizacións sociais e ampara unha campaña descarada de proselitismo e propaganda en centros educativos

Máis de 100 entidades ecoloxistas, veciñais, sindicais, agrarios e do mar denunciamos publicamente a “Axenda de Impulso da Minaría Sostible de Galicia 2030” que lanzou este mes a Xunta de Galicia. Censuramos a visión totalmente tendenciosa do documento que criminaliza os colectivos que veñen sacando á luz as ilegalidades do sector. Para as entidades asinantes, a Axenda evidencia a captura total da Xunta polo lobby mineiro e desacredita a Administración ao vulnerar os principios de neutralidade e obxectividade, polo que esiximos a súa retirada inmediata.

Ao longo do documento, noméase repetidamente o “ecoloxismo radical”, o “forte activismo das asociacións ecoloxistas” ou a “utilización da minaría como arma en Galicia” como “ameaza”, mentres se critica a existencia dunha “mobilización social promovida por grupos con intereses moi distintos aos intereses locais e do entorno”, en alusión aos colectivos sociais opostos a determinados proxectos ambientalmente nocivos. Chama a atención que a Axenda indique que para a súa elaboración se mantiveron reunións e entrevistas con representantes de “asociacións ambientalistas”, cando ningunha das entidades que veñen de censurar o documento participou.

Para os colectivos sociais, a adopción da Axenda Mineira pola Xunta é un ataque frontal ao estado de dereito, pois parte de que a participación social e a cidadanía ambiental activa son unha ameaza para a sociedade. Ao presentar como un problema serio os colectivos ecoloxistas, agrarios e do mar que veñen denunciando as ilegalidades das empresas mineiras e da propia Xunta, preténdese claramente socavar a súa lexitimidade e apoio social.

Pola contra, a Axenda omite o impacto ambiental que causan as mineiras, con ducias de expedientes sancionadores afectando tanto á minaría metálica en casos como os Touro, San Finx, Penouta ou Varilongo como a explotacións de lousa, minerais industriais, caliza ou áridos. Boa parte destas ilegalidades saen á luz e acaban por ser sancionadas precisamente pola denuncia de colectivos veciñais e sociais, ante a pasividade e cumplicidade da Administración galega, que agora califica estes colectivos como unha grande “ameaza”.

O lanzamento da Axenda e esta criminalización da oposición a determinados proxectos mineiros dase precisamente nun contexto no que tanto as empresas mineiras como o propio lobby veñen utilizando cada vez máis o ‘lawfare’ e as accións estratéxicas contra a participación pública (“SLAPP”, nas súas siglas en inglés) para tentar desmobilizar os colectivos sociais mediante o acoso xudicial. As entidades asinantes denuncian este tipo de prácticas utilizadas en casos como os da canteira de Cementos Cosmos en Triacastela, as minas de San Finx e Varilongo ou, recentemente, pola propia Cámara oficial Mineira.

Inxección de fondos públicos e promoción da enxeñaría social

A Axenda desprega un plan meticuloso para influir nas percepcións sociais da minaría, ocultando as súas negatividades e presentando unha imaxe irreal, centrándose sobre todo nas máis cativas. Así, contempla unha “campaña divulgativa nos centros educativos” e a promoción do lavado de cara verde a través do portal de propaganda “Minaría Sostible de Galicia” da Cámara Oficial Mineira. Con estas accións, que tamén inclúen o lanzamento dun distintivo de sustentabilidade, a Xunta pretende precisamente desarticular a oposición social procurando silencio frente as ilegalidades do sector.

A estratexia tamén contempla unha inxección de fondos públicos sen precedentes ao lobby mineiro, encabezado pola Cámara Oficial Mineira, que xa recibiu millóns de euros para accións de lavado de cara verde nos últimos anos. Desde as entidades asinantes, demandamos que, pola contra, estes fondos se dediquen a fortalecer a capacidade e profesionalidade dos distintos servizos de inspección e control do sector mineiro e á restauración das numerosas explotacións abandonadas que supoñen un risco para a saúde das persoas e dos ecosistemas.

Entidades asinantes

  1. A de Rousmeri
  2. A Jalleira – Asociación forestal e de educación ambiental
  3. A Quenlla
  4. A Rente do Chan-PLADEVER
  5. A Ría Non se Vende
  6. Afectad@s pola Mina de San Acisclo en Muras
  7. Amigas da Terra
  8. Amigas das Árbores de Ourense
  9. Arabías Soc. Cooperativa Galega
  10. Asociación A Lama Vive
  11. Asociación Alarma na Terra de Montes
  12. Asociación Ambiental Contramínate
  13. Asociación Ambiental e Cultural Tralapena
  14. Asociación Amigas das Cegoñas
  15. Asociación APEOM
  16. Asociación Asemblea do Suído
  17. Asociación Avoar
  18. Asociación Axóuxere Editora
  19. Asociación Cívico Cultural Terra de Outes
  20. Asociación Cultural Canle de Lira
  21. Asociación Cultural Bubela de Abuín
  22. Asociación Cultural Charanga Tabernícolas do Leiradal
  23. Asociación Cultural Fuco Buxán
  24. Asociación Cultural Liceo Mutante
  25. Asociación Cultural Lucerna
  26. Asociación Cultural Vagalumes da Estrada
  27. Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra
  28. Asociación de Afectados polas Canteiras de Budiño
  29. Asociación de Amigos da Dorna Meca
  30. Asociación de Crianza Respetuosa Xoaniñas
  31. Asociación de Defensa Medioambiental Salvemos Monteferro
  32. Asociación de Indignados de Gestoso
  33. Asociación de Productores de Mexillón da Pobra do Caramiñal
  34. Asociación de Productores de Mexillón de Vilaxoán 
  35. Asociación de Veciños San Vicente de Niveiro
  36. Asociación Eco-social, Cultural e Medioambiental Boca de Sapo
  37. Asociación Ecoloxista Arco Iris
  38. Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
  39. Asociación Fixing
  40. Asociación Galega de Consumidores e Usuarios ACOUGA
  41. Asociación Medioambiental e Cultural A Pedra que Fala
  42. Asociación Nove Refachos
  43. Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
  44. Asociacion pola defensa da Ría de Pontevedra (APDR)
  45. Asociación Ridimoas
  46. Asociación Sachos á Rúa
  47. Asociación Touda
  48. Asociación Turístico Comarcal Ría de Muros e Noia
  49. Asociación Veciñal de Lentille
  50. Asociación Veciñal Grixoa de Esternande-Minas de Varilongo
  51. Asociación Verdegaia
  52. Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo
  53. Ateneo Libertario Pontevedra
  54. BerXallas Minaría Destrutiva Non
  55. Brexa, Asociación de Custodia do Territorio 
  56. Biblioteca Maravilhas
  57. Central Unitaria de Traballadoras – CUT Galiza
  58. Centro de Saberes para a Sustentabilidade
  59. Centro Social A Gentalha do Pichel
  60. Centro Social A Pedreira
  61. Centro Social Fuscalho
  62. Centro Social Mádia Leva
  63. Colectivo Agrocuir da Ulloa
  64. Colectivo Arroutada
  65. Colectivo ArteLixo
  66. Colectivo Berro Seco na Defensa dos Dereitos e Liberdades
  67. Colectivo Capitán Gosende
  68. Colectivo O Suído 
  69. Comisión contra as Minas na Terra Chá
  70. Confederación Nacional do Traballo – CNT Galiza
  71. Confraría de Pescadores de Noia
  72. Confraría de Pescadores de Portosín
  73. Cornado Mina Non
  74. Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
  75. CSA Casa Colorida
  76. Ecoloxistas en Acción
  77. Federación Ecoloxista Galega
  78. Federación Rural Galega (FRUGA)
  79. Fridays for Future Santiago
  80. Fundação Montescola
  81. Greenpeace
  82. Instituto Resiliencia
  83. Movemento Galego polo Clima
  84. Naturgalicia
  85. Organización Galega de Comunidades de Montes
  86. Plademar Muros-Noia
  87. Plataforma anti-minas de Mesía
  88. Plataforma Casalonga limpa de residuos
  89. Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Fins
  90. Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Miramontes-Santiago
  91. Plataforma de Defensa do Sur da Dorsal Galega
  92. Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA)
  93. Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza
  94. Plataforma Oro No
  95. Plataforma pola Defensa do Monte Neme
  96. Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre
  97. Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro
  98. Plataforma pola Recuperación do Sar
  99. Plataforma Quixote de Outes
  100. Plataforma SOS Suído-Seixo / Minas Albertas Non
  101. Plataforma Turonio pola Defensa do Territorio
  102. Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino Non
  103. Plataforma Veciñal Si a un Rural Vivo
  104. Rompamfilas Coletivo Antimilitarista
  105. Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo
  106. Salvemos a Comarca de Ordes
  107. Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas
  108. Sinha PACA Plataforma de Activistas Culturais e Artistas
  109. Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)
  110. Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins
  111. SOS Encrobas
  112. Tarabelada Asociación Medioambiental e Cultural
  113. The Foundry
  114. Zuleiro Grupo de Consumo