A actividade prevista para o mes de maio de percorrido polas Brañas de Sar en Compostela vai ser adiado porque, ante a urxencia na comarca da Ulloa da oposición á implantación do proxecto Gama da empresa Greenfiber (Altri/Greenalia), cremos oportuno realizar un roteiro pola zona para coñecer este proxecto de instalación de fábrica de celulosa en Palas de Rei e os valores ambientais da zona.

O roteiro realizarase o domingo 12 de maio ás 10.30h. con saída desde a taberna do Carteiro no Couto (https://maps.app.goo.gl/T5kT6hzYtpJkJGCe8), nunha variante ao pé da estrada N-547, entre Melide e Palas de Rei, con percorrido ao redor da finca que se quere utilizar para a construción da Celulosa.

Coñeceremos as paisaxes e principais valores das terras ameazadas polo proxecto Gama da empresa Greenfiber (Altri e Greenalia) e pola Xunta de Galicia. Unha illa de serpentinas ultrabásicas no medio da Galiza de substrato xeolóxico ácido, que configura unha vexetación peculiar con catro especies de plantas endémicas estritas da zona e moitas outras raras ou escasas no resto do país. A fauna é tamén rica e diversa, e contaremos con oportunidades de observar especies ameazadas ou pouco comúns, nomeadamente aves

Roteiro circular de dificultade baixa.

Percorrido de 4h.

Hora de saída: 10:30h.

Guía: Xurxo Mouriño, biólogo e membro de Verdegaia e da Plataforma Ulloa Viva

Punto de encontro: taberna do Carteiro no Couto

Posibilidade de facer comida conxunta nun restaurante en Melide.

As persoas interesadas poden inscribirse neste formulario até o día 9 de maio.