ACCIÓN CONXUNTA EN DEFENSA DOS DEREITOS HUMANOS, DA BIODIVERSIDADE, OS ECOSISTEMAS, A DEFENSA DO TERRITORIO, A AGUA E A VIDA

O 22 de xullo é o día de acción cidadá e de asociacións ambientais en contra da megaminería. Nace en 2009 a partir da iniciativa de activistas de México e Canadá, a raíz dos triunfos xurídicos da Frente Amplio Opositor a la Minera San Xavier pola defensa do Val de San Luis Potosí e en contra da destrución do Cerro de San Pedro, zona natural de México, e para concienciar ospobos e nacións dos efectos nocivos da actividade mineira no medio ambiente, así como sobre as insalubres condicións de traballo, escravitude e traballo infantil que aínda permanecen en moitas partes do mundo no marco desta actividade.

A minería produce danos permanentes nas terras, os ecosistemas; contamina as aguas superficiais, humedais e aguas subterráneas; provoca deforestación indiscriminada en zonas verdes e danos na flora e fauna das superficies nas que actúa.

Os efectos da minería afectan gravemente a calidad de vida dos e das habitantes das comunidades locais e pon en risco a súa saúde. A actividade mineira implica perdae do hábitat, terras e modus vivendi das poboacións afectadas e próximas; utiliza nos seus procesos substancias químicas que, non só xeran danos no medio natural, senón que tamén son a orixe de doenzas nas persoas que traballan e viven nese entorno. Utiliza bens básicos como a agua e a electricidade afectando á súa cobertura para a cidadanía en favor das empresas.

O impacto socioeconómico e ambiental que provoca a minería nas zonas naturais e a afectación da calidade de vida dos habitantes locais son permanentes e, en moitos casos, totalmente irreversíbeis.

A minería segue o mesmo patrón en calquera lugar do mundo, en todos os continentes, con instalacións con elevados riscos de inseguridade e leis que sempre lle son permisivas, sen que as empresas mineiras cheguen a pagar realmente as consecuencias e os danos humanos e ambientais provocados. Podemos citar Brumadinho en 2019 (Minas Gerais, Brasil) e Aznalcóllar en 1998 (Sevilla, España).

A actividade mineira vulnera en moitos lugares do mundo, en pleno século XXI, dereitos básicos á protesta, á vida e aos Dereitos dos Pobos Indíxenas, perpetuando o colonialismo, o traballo en condicións cercanas á escravitude, incluíndo o traballo infantil, e creando dependencia das multinacionais que se fan propietarias dos territorios. Aínda continúan sendo asasinadas persoas defensoras do seu territorio e medios de vida.

Baixo discursos ecolóxicos e de sustentabilidade, facendo uso de grandes campañas publicitarias, patrocinios, as compañías mineiras disfrazan o seu discurso falando de enerxías renovábeis, aire limpo e empregos novos para enmascarar as consecuencias negativas da súa actividade.

Este ano queremos realizar unha chamada de atención para repensar o modelo de vida extractivista e apostar pola promoción da denominada minería urbana, pola recuperación e a reciclaxe de metais, pola redución do consumo e o decrecemento.

Apostamos pola protección e promoción de sectores estratéxicos como a agricultura, gandeiría e pesca extensivas, a produción de alimentos e o mantemento e coidado dos nosos bosques, a agua e a biodiversidade.

Reclamamos e exiximos aos Gobernos de todo o mundo a creación de políticas económicas e de desenvolvemento que non dependan do crecemento extractivista e pedimos a protección das persoas e os seus medios de vida frente os abusos de quen pretende usurpar os territorios para o extractivismo.

Camiñando por un #futuroencomún contra a minería, dicimos #NonáMina

Este manifiesto é subscrito por:

  • ALCONCHEL SIN MINAS- Comarca de Olivenza (Extremadura)
  • AMA CÁCERES (Extremadura)
  • AMIGAS DA TERRA
  • ANDALGALÁ (Arxentina)
  • ASAMBLEA POR LA VIDA VIDA DE CHILECITO Y MUJERES DEFENSORAS DEL AGÜITA DEL FAMATINA (Arxentina)
  • ASAMBLEA EL ALGARROBO- ANDALGALÁ, CATAMARCA (Arxentina)
  • ASOCIACIÓN ASCV ALARMA TERRA DE MONTES (Galiza)
  • ASOCIACIÓN CULTURAL Y MEDIOAMBIENTAL TRALAPENA (Galiza)
  • ASOCIACIÓN PLATAFORMA CÍVICA ALCALABOZA VIVA (Huelva)
  • COLECTIVO VOCES ECOLOGISTAS COVEC (Panamá)
  • COODINADORA GALEGA DE ONG (Galiza)
  • ECOLOGISTAS EN ACCIÓN (Confederal)
  • ECOLOGISTAS EN ACCIÓN (Andalucía)
  • ECOLOGISTAS EN ACCIÓN (Aragón)
  • ECOLOGISTAS EN ACCIÓN (Asturias)
  • ECOLOGISTAS EN ACCIÓN (Extremadura)
  • ECOLOGISTAS EN ACCIÓN (Sevilla)
  • FEDERACIÓN GALEGA ECOLOXISTAS EN ACCIÓN (Galiza)
  • FUNDACION MONTESCOLA (Galiza)
  • JÓVENES EN DEFENSA DE LOS TERRITORIOS DE ARGENTINA (Arxentina)
  • MANU CHAO
  • MASSVIDA (Honduras)
  • MOVIMIENTO ANTINUCLEAR DEL CHUBUT (Arxentina)
  • MOVIMIENTO PANAMÁ VALE MÁS SIN MINERÍA MPVMSM (Panamá)
  • MUJERES ORIGINARIAS Y DE ASAMBLEA DE CHUBUT (Arxentina)
  • MUJERES WAYUU (Colombia)
  • NO A LA MINA (Arxentina)
  • NO A LA MINA DE CAÑAVERAL (Extremadura)
  • NO A LA MINA DE GILICO DE CEHEGIN (Murcia)
  • NO A LA MINA EN EL VALLE DEL CORNEJA (Ávila)
  • ORGANIZACIÓN TERRITORIAL MALALWECHE PUEBLO MAPUCHE (Arxentina)
  • ORO NO (Asturias)
  • PLADEMAR MUROS-NOIA (Galiza)
  • PLATAFORMA AFECTADOS POR LOS METALES PESADOS SIERRA MINERA CARTAGENA-LA UNIÓN (Murcia)
  • PLATAFORMA CIUDADANA SIERRA DE MORÓN (Andalucía)
  • PLATAFORMA CONTRA LA MINA A CIELO ABIERTO DEL NE SEGOVIANO (Segovia)
  • PLATAFORMA FUTURO EN COMÚN
  • PLATAFORMA NO A LA MINA EN LA SIERRA DE YEMAS (Ávila)
  • PLATAFORMA VECIÑAL MINA TOURO-O PINO NON (Galiza)
  • PLATAFORMA ZONA VILLUERCAS OESTE (Extremadura)
  • RADIO TEMBLOR
  • SALVEMOS LA MONTAÑA (Extremadura)
  • SALVEMOS LAS VILLUERCAS (Extremadura)
  • SIERRA DE GATA VIVA (Extremadura)
  • SOS SUIDO-SEIXO MINA ALBERTA NON (Galiza)
  • VERDEGAIA (Galiza)
  • VIDA E RÍA, OU MINARÍA? (Galiza)
  •  VOZ A LAS RESISTENCIAS CDMX (México)
  • ZENZAR (Galiza)