Sabucedo acollerá un evento que nace co nome de Encontro #BurlaVerde contra a invasión eólico-mineira do País. A mobilización parte da loita contra o novo modelo de xestión enerxético e a implantación dun gran número de parque eólicos no territorio galego. “Xuntarémonos nun grande encontro nacional en Sabucedo contra esta gran burla verde, contra a estafa da transición enerxética, contra a depredación dos nosos montes e ríos, pola defensa da terra e da vida. Unha xuntanza de convivio”.
Música, poesía, asociacións, palestras e moito máis o sábado 29 de Abril en Sabucedo.