Concentración da Coordinadora Eólica Así Non diante do Parlamento de Galiza o xoves, 11 de abril, ás 17h. ante a investidura do novo goberno no Parlamento.
Queremos continuar dando visibilidade á loita contra os macroproxectos eólicos e e a oposición frontal do pobo galego ao modelo eólico e enerxético do novo (e vello) goberno da Xunta. Ao mesmo tempo rexistraremos no parlamento o decálogo consensuado no seo da Coordinadora para un novo modelo enerxético realizado nas Xornadas Temos Alternativa celebradas en Pontevedra en febreiro de 2023.