Denunciamos ante o Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra que as obras que se están do paseo que se están realizando no río afectan a varias especies de flora e fauna protexidas e que, polo tanto, entre os meses de abril e xuño non se deben levar a cabo actuacións ao establecer, o Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra, unha parada biolóxica polo período de reprodución da fauna en xeral, e en particular polas especies como a ra patilonga (Rana iberica), estroza (Hyla molleri), picapeixe (Alcedo atthis), incluídas nos catálogos de conservación como especies ameazadas ou vulnerables.

Solicitamos:

  • Que se paralicen de inmediato as obras de construción do paseo do río Lagares ata queremate o periodo de Parada Biolóxica.
  • Que se sancionen ós responsables desta infracción.
  • Que se tomen as medidas oportunas para que esta infracción non se repita no futuro.