Inicio arrow Sustentabilidade arrow A pegada ecolóxica das Administracións públicas  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
A pegada ecolóxica das Administracións públicas PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 de Abril do 2007

Ecologistas en Acción, Fundación Ecología y Desarrollo e Mediterrània-CIE elaboraron un documento que recomenda medidas de aforro e contratación para reducir o impacto ambiental das Administracións Públicas. Céntrase en tres sectores principais: a enerxía, os residuos e a agua.

As administracións públicas, directa e indirectamente, utilizan recursos e xeran residuos. A súa actividade ten, por tanto, un impacto ecolóxico. Pódese ter unha medida indirecta da súa potencial pegada ecolóxica reparando simplemente no volume de diñeiro que moven: o gasto do conxunto das administracións públicas europeas en contratación equivale ao 16% do Produto Interior Bruto (PIB) total europeo. E é diñeiro dos e das contribuíntes. Por iso, a confederación Ecologistas en Acción, Fundación Ecología y Desarrollo, e Mediterrània-CIE, elaboraron o documento “Recomendaciones para la Mejora del Comportamiento Ambiental de las Administraciones Públicas. Propuestas sobre Ahorro y Contratación” con medidas destinadas a mellorar o comportamento ambiental das administracións públicas. Este documento está dirixido desde a unha pequena biblioteca municipal dun barrio, até a un ministerio, pasando por colexios, universidades, polideportivos, piscinas, oficinas de emprego, oficinas de concellos, delegacións de Facenda, etc...

O documento céntrase en tres sectores principais: a enerxía, os residuos e a auga. Logo de expor os puntos principais da problemática de cada un destes aspectos, o documento establece unha serie de medidas que van destinadas en primeiro lugar ao aforro do recurso, e en segundo lugar a uns criterios de compra e contratación que reduzan o impacto ambiental. Así, no apartado de enerxía recoméndase optar por determinados sistemas de climatización, redeseñar a iluminación interior de acordo coas necesidades reais, optar por un alumeado exterior que evite a contaminación lumínica, ou elixir só aparellos electrónicos de alta eficiencia energética. Canto aos residuos, suxírense criterios de contratación dos servizos de limpeza, aconséllanse medidas para unha eficaz recolla selectiva e para reducir o volume de residuos proveniente do material de oficina e das máquinas expendedoras. Por último, no tocante á auga, o documento establece unha serie de recomendacións para instalar dispositivos de fontanería máis eficientes (reguladores de presión, billas, inodoros,...) así como para optar por unha xardinería de baixo consumo.

Segundo a Comisión Europea, se todas as administracións públicas comprasen electricidade procedente de enerxías renovables, aforraríase o equivalente a 60 millóns de toneladas de CO2. Do mesmo xeito, calcúlase que se as administracións optasen por inodoros e billas eficientes nos seus edificios, lograríase un aforro de 200 millóns de toneladas de agua. Os datos falan por si mesmos.

Para as tres organizacións responsables do documento, as administracións públicas deben dar exemplo de boas prácticas, xa que exercen de modelo de referencia e comportamento para outros actores socio-económicos. Paralelamente, optar por un modelo de contratación con criterios sostibles, irremediablemente acabará favorecendo aquelas actividades económicas más respectuosas co medio ambiente. As administracións públicas, como xestoras de fondos públicos, teñen ademais a responsabilidade de daren resposta á crecente sensibilidade ambiental dos consumidores e contribuíntes.

Máis información:

Descarga aquí "Recomendaciones para la mejora del comportamiento ambiental de las Administraciones públicas".

 

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top