Inicio arrow Verdegaia - Vigo  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Verdegaia - Vigo
Mantense unha xuntanza coa Consellaría do Medio Rural sobre o proxecto de restauración das Ribeiras PDF Imprimir Correo-e
Thursday, 10 de November do 2011
Tras apresentar alegacións ó Proxecto de actuacións de restauración, conservación e uso público das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro, que a Consellaría do Medio Rural vai realizar neste espazo natural, Verdegaia foi convocada a unha reuníón no Servizo de conservación da natureza na delegación da Consellaría en Pontevedra.
Ler máis...
 
"I Marcha Moaña - Cangas" en bici ou camiñando PDF Imprimir Correo-e
Friday, 04 de November do 2011
26956.jpgSerá o próximo domingo, 6 de novembro, ás 11.30 horas (agardaremos ata a chegada do barco dende Vigo +/- ás 11:45) Trátase dun acto para reivindicar un mellor uso dos nosos camiños tradicionais, en este caso, como vía de comunicación e senda de lecer entre os concellos de Cangas e Moaña. O percorrido atravesa un auténtico parque insertado no territorio. Un parque cheo de paisaxe ao interno do cal, discurre esta fermosa vía tradicional coñecida como "Camiño Real". Moitas veces, utilizar as infraestructuras que xa temos axeitadamente, evita novas e dispendiosas obras. Este é o caso deste camiño que discurre por Tirán, unha xoia que perviviu ata hoxe como parte da nosa paisaxe cultural e que diferentes proxectos pretenden desvirtuar. A intención é darlle vida.

Ler máis...
 
Verdegaia denuncia o intento de legalizar irregularmente os depósitos do Ferrazo PDF Imprimir Correo-e
Monday, 24 de October do 2011

Súmase así á  iniciativa da PDRA de enviarlle unha carta ao presidente da Xunta de Galicia lembrándolle a responsabilidade que ten coa defensa do interese xeral de Galicia e do seu patrimonio natural. No ano 1999, cando Manuel Fraga Iribarne era presidente da Xunta de Galicia, a Consellería de Industria outorgou a licenza de actividade para a execución de “depósitos de hidrocarburos e productos químicos de Finsa e Foresa no peirao de Ferrazo”. O Concello de Vilagarcía deu a licenza municipal para a instalación destes depósitos.e a Consellería de Medio Ambiente mirou naquel momento para outro lado a pesar de que carecía dun Estudo de Impacto Ambiental, paso previo e obrigado á execución de calquera proxecto destas características.

Ler máis...
 
Verdegaia apresenta a cuarta edición do seu programa “Vai de roteiros!” PDF Imprimir Correo-e
Wednesday, 12 de October do 2011
cartaz-solo-mundo-web.jpg

O domingo 16 realizarase o primeiro roteiro, desta volta polo río Fondón

Galiza dispón dunha riqueza natural, cultural e paisaxística só comparábel ás barbaridades que tristemente tamén podemos atopar con certa facilidade... encoros, autoestradas, explotacións mineiras, etc. Co dobre obxectivo de coñecer o noso territorio e denunciar moitas das desfeitas que están a degradalo, Verdegaia pon en marcha unha nova edición, a cuarta, do seu programa “Vai de roteiros!”.
Ler máis...
 
O 8 de outubro ten lugar en Redondela o "III Encontro da rede galega de sementes" PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 04 de October do 2011

seeds-in-hand.jpgEste sábado 8 de outubro, a partires das 10:30h, terá lugar en Redondela o III encontro da rede de sementes, á que Verdegaia quere convidar a toda persoa interesada a participar, non só no propio troco, senón ver e coñecer outros proxectos ligados á conservación das variedades antigas e locais cultivadas na Galiza, sumado os postos de diferentes colectivos e as produtoras e artesáns que cultivan dun modo máis respectuoso coa terra. Tamén haberá obradoiros e actividades para nenos e nenas durante toda a xornada.

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 9 de 175
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Xuntanzas
Contacto
Tertulias Verdegaia
Ribeiras do Louro
A Ría Non se Vende
VigoTroca
   Home  Print  @ Contact Top