Inicio arrow Novas de Verdegaia-Ferrol arrow Grande participación no roteiro polo Pico Vello (As Pontes)  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Grande participación no roteiro polo Pico Vello (As Pontes) PDF Imprimir Correo-e
Monday, 16 de July do 2007

fran_canosa_falando_sobre_a_andalucita.jpgVerdegaia valora como un éxito esta primeira actividade reivindicativa, tanto polo número de asistentes, aos que agradecen a súa participación, como pola riqueza das intervencións dos/as expertos/as, e anuncian que continuarán con este tipo de mobilizacións despois do verán. Á marcha acudiron persoas provenientes de toda a xeografía galega (A Coruña, Santiago, Cangas, etc.) e de diversos puntos da comarca ferrolá. En concreto, 50 persoas (e unha cadela) realizaron o percorrido a pé pola fraga de Pico Vello, atendendo á convocatoria realizada por dez asociacións ecoloxistas e cidadás de Ferrol e comarca, entre as que figuraba tamén o Concello da Capela.

O obxectivo deste roteiro era protestar contra a pretendida instalación nesa zona dunha mina de andalucita por parte da empresa Picobello S.L., de capital anglo-surafricano. Os colectivos que convocaban a marcha consideran que esta zona debe non só verse libre deste tipo de agresións, senón ser dotada dalgunha figura de protección, como podería ser a súa inclusión no limítrofe Parque Natural das Fragas do Eume.

Un roteiro formativo

Antes de emprender a marcha, o xeólogo Francisco Canosa, da universidade de Salamanca, falou sobre a orixe da andalucita no coñecido como “plutón” do Forgoselo, sobre a súa presencia noutras zonas de Galicia e sobre as súas aplicacións na fabricación de materiais refractarios.

dryopteris_aemula.jpgMáis tarde durante o percorrido, Piedade Viñas, da Sociedade Galega de Historia Natural, falou sobre a riqueza florística destas fragas, en especial no referido a liques, felgos e fungos. Como exemplo mencionouse a presencia no Rego Cernadas do felgo macaronésico Dryopteris aemula, que os visitantes puideron admirar no seu propio hábitat.

 

detalle_dunha_casa_na_aldea_de_cernadas.jpgAsí mesmo, Secundino García, director do Museo Etnográfico da Capela, informou aos asistentes sobre os valores etnográficos e culturais destas fragas e sobre o seu aproveitamento sostible tradicional por parte dos habitantes da zona en varios eidos: o aproveitamento dos soutos, a xestión dos regadíos, o funcionamento dos muíños e a fabricación de carbón vexetal.

 

Un espazo a protexer

braas_no_forgoselo.jpgAs organizacións promotoras do roteiro veñen reclamando dende hai anos a inclusión da Serra do Forgoselo dentro do Parque Natural das Fragas do Eume. Así mesmo a inclusión da zona de Pico Vello (incomprensiblemente excluída do parque natural) xogaría un papel moi importante como “corredor ecolóxico”. Por isto instan á Xunta a rexeitar este proxecto de explotación, que suporía a destrución da fraga de Pico Vello e do Rego Cernadas, e afectaría gravemente ao parque natural e ao Río Belelle.


 

 
Verdegaia - Ferrol
Novas de Verdegaia-Ferrol
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top