12 meses, 12 saberes: 27 de abril en Zamáns

12 meses, 12 saberes: 27 de abril en Zamáns

12 Meses, 12 Saberes: Unha campaña anual para dar a coñecer o noso patrimonio

Verdegaia continúa en abril coa campaña ‘12 Meses, 12 Saberes’ que decorrerá ao longo deste 2024 co obxectivo de dar a coñecer aspectos singulares do patrimonio natural e etnográfico galego. Coa celebración dunha andaina cada mes descubriremos, e aprenderemos, curiosidades nos máis variados campos que fan da nosa terra un lugar único.

Este mes dedicámolo á identificación de herbas e usos. Aprenderemos a identificar elementos diferenciadores dalgunhas das plantas máis comúns dos prados galegos e descubriremos os usos tradicionais que se facían desas plantas aproveitando a composición propia de cada unha delas.

O roteiro será en Zamáns, unha parroquia do rural vigués onde os prados que rodean as instalacións da Universidade de Vigo presentan unha grande diversidade de plantas.

Os participantes recibirán ao inicio da actividade un folleto con fotografías e características de algunhas das plantas que iremos observar ao longo do paseo. Ao rematar, dun modo divertido, os guías porán a proba os coñecementos adquiridos polos participantes.

Data: sábado 27 de Abril, de 11:00 a 13:30h.

Punto de encontro: Faculdade de Bioloxía (Vigo) – 42°10’02.0″N 8°41’09.8″W

Inscrición: gratuíta pero obrigatoria en info@verdegaia.org, indicando o nome de cada persoa, un número de teléfono e especificando se algunha é menor de 14 anos

O prazo de inscrición remata o mércores 24 de Abril

Leave a reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Brigadas Deseucaliptizadoras

Únete!

Verdegaia conta coa colaboración financeira da Deputación Provincial da Coruña, no marco do Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades e de investimento no ámbito do medio ambiente

Síguenos nas redes sociais

Educación Ambiental

Traballamos en rede

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Entradas Facebook

2 días fai

verdegaia
#BrigadasDeseucalptizadoras en VilagarcíaNova data, sábado 28 de febreiro. Lembra inscribirte antes do 25! www.verdegaia.org/wp/eliminacion-de-invasoras-e-plantacion-de-frondosas-no-pinar-do-rei-vilagarci... ... Ver máisVer menos
Ver no Facebook

6 días fai

verdegaia
Novas actividades no río Fonteliño, no Porriño, en febreiroDespois da parada invernal, este sábado recuperamos as actividades de Educación ambiental no río Fonteliño (O Porriño).Sábado 14 Febreiro – 11:00: plantación de árbores na beira do ríoSábado 21 Febreiro – 16:30: recollida do lixo acumulado polas últimas riadasSábado 28 Febreiro – 11:00: plantación de arbustos e plantas de ribeirawww.verdegaia.org/wp/novas-actividades-no-rio-fontelino-no-porrino-en-febreiro/ ... Ver máisVer menos
Ver no Facebook

Entradas Twitter