Categoría: Núcleo Comarcal de Vigo

12 meses, 12 saberes: 24 de febreiro Cantís de Monteferro

Este mes imos ata os cantís de Monteferro para entender o contexto natural e cultural deste espazo tan singular da costa de Nigrán. Observaremos as aves e as plantas máis habituais deste ecosistema e tamén aproveitaremos para nos mergullar na riqueza arqueolóxica de Monteferro, dende petróglifos ata a maior concentración de muíños naviculares do país

Read More

Enésimo corte de árbores en Coia, Vigo

Ssolicitamos informe que xustifica o corte das árbores. Tal como recolle a Lei 27/2006, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, o Concello de Vigo dispón dun prazo máximo de un mes para entregarnos a información solicitada. No caso de que incumpra a Lei procederemos a denunciar por vía xudicial o incumprimento legal e a reincidencia que o caracteriza

Read More

Presentamos carta aberta a Abel Caballero, alcalde de Vigo, demandando medidas urxentes contra o cambio climático

Activistas ecoloxistas e de dereitos humanos despregamos pancarta na praza do Rei de Vigo na que se pode ler “O clima tamén se xoga en Vigo”, en alusión aos deberes que ten a cidade de cara a afrontar a emerxencia climática. Ao mesmo tempo, presentamos carta aberta ao alcalde de Vigo, propondo elaboración dun Plan de Acción Municipal sobre o cambio climático

Read More

12 meses, 12 invasoras: outubro: Arundo donax (Cana). Actividade de restauración ambiental no río Couso, O Porriño. Terceira intervención, sábado 28 de outubro

o 28 de Outubro iremos ata o río Couso no Porriño, onde Verdegaia ven realizando actividades de restauración ambiental, para aprender diversos métodos de eliminación sen recorrer a sustancias químicas. Actividade que se realiza en colaboración coa Oficina de Voluntariado do Concello

Read More

Actividade de restauración ambiental no río Couso, O Porriño

A actividade constará de tres xornadas, en horario de 11 a 13h., os sábados 30 de Setembro, 14 de Outubro e 28 de Outubro. Nas que, despois dunha breve charla explicando os obxectivos da actividade, repartiremos luvas e ferramentas entre os participantes para proceder á retirada do lixo e de especies exóticas invasoras que impiden o crecemento das especies autóctonas

Read More
Loading

Brigadas Deseucaliptizadoras

Únete!

Verdegaia conta coa colaboración financeira da Deputación Provincial da Coruña, no marco do Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente

Síguenos nas redes sociais

Educación Ambiental

Traballamos en rede

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Entradas Facebook

3 días fai

verdegaia
𝗠𝗢𝗜 𝗠𝗢𝗜 𝗥𝗘𝗖𝗢𝗠𝗘𝗡𝗗𝗔𝗕𝗟𝗘 - 𝗡𝗢𝗡 𝗢 𝗣𝗘𝗥𝗗𝗔𝗦 Proxecto Ríos ... tremendamente interesante para todos pero sobre todo para a cativada 😀 Flora, fauna e auga ao alcance de todos ... Ver máisVer menos
Ver no Facebook

3 días fai

verdegaia
📢 📍A CORUÑA | PRESENTACIÓN ILP #NoEsMiCulturaO sábado 20 agardámoste na presentación oficial na Coruña da ILP para derrogar a Lei de Patrimonio Cultural da Tauromaquia.👉 Inscríbete: bit.ly/FormularioEventosILP🗓 Sábado, 20 de abril de 2024.⌚️ 18h a 20h📍Fundación Paideia Galiza.Praza María Pita, 17. A Coruña. ... Ver máisVer menos
Ver no Facebook

Entradas Twitter