- Este sábado 10 de Febreiro volvemos coas actividades de restauración ambiental no río Couso (O Porriño), desta volta cunha xornada de plantación de árbores
Dado o éxito das intervencións realizadas en 2023, Verdegaia e o concello do Porriño decidiron continuar ao longo deste ano coa restauración ambiental da contorna do río Couso. En 2024 seguiremos limpando o río e eliminando especies invasoras pero nesta primeira actividade do ano, aproveitando que aínda estamos no Inverno, imos realizar unha xornada de plantación de árbores.
Plantaremos estacas de salgueiros na marxe do río con dous obxectivos: recuperar o bosque de ribeira e frear a erosión das marxes do río. Ademais da plantación, aprenderemos sobre o importante papel que esta especie exerce nun bosque de ribeira.
Programación
Data: sábado 10 de Febreiro
Horario: de 11 a 13h.
Punto de encontro: rúa Leandro Diz, 5 (ao lado do paso inferior da liña do tren)
Inscrición: gratuíta, inscrición previa en vigo@verdegaia.org ou no 691 657 039