O vindeiro venres 12 de xaneiro ás 20h. organizamos a Palestra:

Introdución ao conflito do Sáhara Ocidental e situación atual da poboación saharaui

Organizada por: Verdegaia, Comunidade Saharaui na Galiza e CS A Revolta.

Afondaremos no futuro e presente do pobo Saharaui. Outra loita que non debemos esquecer, como as de outros pobos inmersos nunha ocupación de moitas decadas.

Unha ollada moi necesaria nestes tempos, para non esquecer e saber polo que se loita.

12 de xaneiro ás 20h. no CS A Revolta, na Rua Real 12 (casco vello), Vigo.