|
Amarante e Verdegaia celebran o sábado 21 as Olimpíadas Limpas nas principais cidades galegas |
|
|
|
|
Mércores, 18 de Xuño do 2008 |
|
Amarante e Verdegaia levarán conxuntamente adiante unha acción cívico-lúdica aberta á cidadanía, organizando as Olimpiadas Limpas alternativas á que está por comezar en Pequín en menos de dous meses (bolos, trileiros, obradoiros de confeción de balóns, carreiras solidarias...), xogos cargados de simbolismo e denuncia a través dos cales queremos evidenciar a carencia de dereitos sindicais en moitos países onde están a se instalar filiais de fábricas pertencentes ás multinacionais do deporte amparadas por unhas leis laborais totalmente flexibles que non protexen ás traballadoras e traballadores do país.
Nas accións de rúa que celebraremos simutáneamente en Vigo, Ourense,
Pontevedra e Compostela, haberá, ademáis de xogos tradicionais,
malabares, teatro improvisado, música, expositores de información e
mesas para degustación de produtos de comercio xusto procedentes de
países do Sur, entre outras actividades. Se precisades máis información
poñédevos en contacto con Amarante ou Verdegaia ou acudide o sábado 21,
a partir das 11.30 da mañá aos seguintes puntos:
Praza do Toural (Compostela) 881 978 705
Praza da Constitución (Vigo 886 111 327
Praza da Ferrería (Pontevedra) 986 848 159
Xardín do Posío (Ourense) 988 601 921
|