Categoría: Educación Ambiental e Xustiza Social

12 meses, 12 saberes: 24 de febreiro Cantís de Monteferro

Este mes imos ata os cantís de Monteferro para entender o contexto natural e cultural deste espazo tan singular da costa de Nigrán. Observaremos as aves e as plantas máis habituais deste ecosistema e tamén aproveitaremos para nos mergullar na riqueza arqueolóxica de Monteferro, dende petróglifos ata a maior concentración de muíños naviculares do país

Read More

12 Meses, 12 Saberes: Unha campaña anual para dar a coñecer o noso patrimonio

a campaña ‘12 Meses, 12 Saberes’ que decorrerá ao longo deste 2024 co obxectivo de dar a coñecer aspectos singulares do patrimonio natural e etnográfico galego. Coa celebración dunha andaina cada mes descubriremos, e aprenderemos, curiosidades nos máis variados campos que fan da nosa terra un lugar único

Read More
Loading

Brigadas Deseucaliptizadoras

Únete!

Verdegaia conta coa colaboración financeira da Deputación Provincial da Coruña, no marco do Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente

Síguenos nas redes sociais

Educación Ambiental

Traballamos en rede

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Entradas Facebook

2 días fai

verdegaia
Domingo 5 de maio: eliminación de especies invasoras nos Montes do Chá (Ferrol)#BrigadasDeseucaliptizadorasO domingo 5 de maio a Asociación Comuneiros do Chá convócanos a erradicar os pés de Helichrysum petiolare que ameazan invadir unha zona repoboada e outra de pasto dos cabalos. O helicrysum petiolare é unha especie orixinaria de Sudáfrica, trátase dun arbusto ramoso e gabeador que afoga toxeiras e mesmo especies arbóreas formando masas monoespecíficas e que na boca da ría de Ferrol hai anos que constitúe un problema ambiental de primeira magnitude ante a pasividade das administracións.Tamé podes colaborar coas brigadas con 1€/mes a través da Plataforma Teaming www.teaming.net/brigadasdeseucaliptizadoraswww.verdegaia.org/wp/domingo-5-de-maio-eliminacion-de-especies-invasoras-nos-montes-do-cha-ferrol/ ... Ver máisVer menos
Ver no Facebook

2 días fai

verdegaia
Despois dun ano onde non parou a loita... comeza a conta atrás para o Encontro Burla Verde. Un momento de partilla e convivio, de festa e reivindicación, contra o espolio e pola defensa da terra. Este ano o encontro trasládase á serra do Courel, onde desde fai un tempo a súa xente está a cocer unha xornada ben linda e solidaria, de descobrimento, debate, artística, colaborativa, musical e guerrilleira. Pouco a pouco irase anunciando o cartaz. Axendade o 15 de xuño! ... Ver máisVer menos
Ver no Facebook

Entradas Twitter