- Novas mobilizacións ante as delegacións do goberno o 31 de xaneiro, polo fin do xenocidio na Palestin, contra o sionismo e pola rutura de relacións diplomáticas con Israel
O venres 26 de xaneiro o Tribunal Internacional de Xustiza (TIX) vén de emitir a sentenza provisoria sobre o caso de Sudáfrica contra Israel polo que lle ordena ao estado israelí non cometer xenocidio en Gaza. Mais este xenocidio, aos nosos ollos lévase cometendo contra o pobo Palestino décadas, e non só na Franxa de Gaza, senón na Cisxordania ocupada, incuíndo Xerusalén.
Segundo especifica a sentenza, o pobo palestino ten dereito a protección contra os actos de xenocidio, mais non menciona ou non expresa a obrigación dun alto o fogo, algo que segundo o expresado nas medidas que Israel debe acatar, ese alto o fogo está implícito aos ataques indiscriminados que levamos vendo dende hai 113 días.
É de salientar que por 15 votos a 2 o Tribunal Internacional de Xustiza indícalle ao estado Israelí que debería actuar segundo a convención para a Prevención do Xenocidio e garantir que o exército non leve a cabo accións que vaian en contra da Convención para a Prevención do Xenocidio. Todo isto fálanos de que, segundo o tribunal, Israel esta cometendo actos de xenocidio.
Tamén queremos salientar que por 16 votos a 1 Israel debería actuar contra a incitación contra a cidadanía palestina e propocionar servizos básicos para permitir unha vida básica. Estas dúas medidas, veñen a manifestar o odio do sionismo contra o pobo palestino, a quen trata de erradicar do seu territorio, o que vén sucedendo dende a Nakba.
Agora teriamos que falar de como Israel vai tomar medidas para que todo isto non suceda pola súa política de odio contra o pobo palestino, que agora vai ser imposíbel de frear. Os colonos armados asaltan poboados na Cisxordania ocupada, asasinan constantemente a palestinos que se manifestan ou simplemente pasean polas súas vilas/ poboacións ou atenden as súas terras. A necesidade da descolonización da Palestina é un feito necesario e de dereito. Sen isto esa paz coa que o imperialismo enche a boca será imposíbel.
O TIX non entra no fondo da colonización, por iso é agora mesmo un parche, insuficiente mais preciso, e non por que creamos que a situación en Gaza vai mellorar, senón por que é un toque de atencion a todos os estados que apoian ao estado sionista.
A necesidade desa axuda humanitaria para a poboación de Gaza é vital, dado que está sufrindo a sociedade gazatí, as feridas tanto físicas (amputacións, queimaduras, enfermidades) como as psicolóxicas de toda a poboación, sobre todo as crianzas e adolescentes, son críticas. Poderiamos relatar diferentes escenarios nos que as forzas de ocupación cometen crimes de lesa humanidade, mais non o faremos, a documentación está á orde do día en numerosos medios de comunicación alternativa.
Agardemos que as medidas do Tribunal non nazan orfas, porque como anunciou Israel, vai desoílas, e o mais tráxico é o desprezo dos países alineados co sionismo, iso é grave, algo que é moi perigoso no plano internacional. O Tribunal Internacional de Xustiza é unha ferramenta internacional de xustiza e non debería servir só a maquinaria occidental.
Deixar un mes para que Israel presente un informe sobre as medidas que ditaminou, é deixar un mes máis para que o sionismo prolongue a agonía do pobo palestino. Polo tanto, Verdegaia ve necesaria a mobilización e o boicote aos produtos que apoian o estado sionista e esta medida debe seguir moito máis aló no tempo.
O Apartheid e o xenocidio que leva vivindo o pobo Palestino dende hai 75 anos debe cesar e devolverlle as terras ocupadas ao pobo palestino como indican as moitas resolucións da ONU, que debe ser máis ambiciosa, afouta e xusta. O dereito ao retorno debe chegar xa.