Dende Verdegaia, queremos convidar a toda a cidadanía que se considere concienciada (e moi especialmente á que non) a que se achegue este martes 18 de decembro ás 20:00 ao local de A Cova dos Ratos-Caleidoskopio (Romil 3 baixo), en Vigo, para participar da charla que impartirán Anxo Saborido e Xosé Manuel López Fernández, membros da comisión promotora da Iniciativa Lexislativa Popular pola Redución, Reutilización e Reciclaxe dos residuos en Galiza, fronte á irresponsábel tendeza actual de contaminar o ar cos fumes tóxicos. É de responsabilidade cidadá facer o posíbel para deter esta demencia traballando por un modelo sustentábel que resgarde a nosa saúde pública. Agardámosvos a todxs!3R