Dende Verdegaia queremos amosar a nosa alegría pola liberación de Júlio Saians, detido o pasado 29 de outubro xunto coa súa compañeira Silvia Casal. A detención inxustificada de Sílvia Casal e Julio Saians pon de manifesto que calquera persoa, activista social ou non, pode ser vítima de actuacións policiais e xudiciais desproporcionadas, que non garantan os seus dereitos fundamentais nin respecten a presunción de inocencia. A isto engádeselle o vergoñoso papel dalgúns medios de comunicación que, lonxe de informar, simplemente buscan escarnecer publicamente persoas indefensas.
 
Todo o noso apoio para Sílvia Casal e Júlio Saiáns, compañeiros cos que vimos coincidindo dende hai anos na loita polos dereitos da cidadanía e a protección do medio ambiente.