retorna.jpgRetorna é unha asociación sen ánimo de lucro integrada por axentes sociais, empresas, ONG ambientais e institucións, cuxo obxectivo é promover un modelo sostible de produción e consumo, impulsando a recuperación e reciclaxe máximos de residuos. Como primeira iniciativa, promove a xestión responsable dos residuos a través dun Sistema de Depósito, Devolución e Retorno (SDDR) de envases de bebida no estado español.

Estes sistemas, complementarios aos SIG actuais, funcionan noutros países con gran éxito e índices de recuperación de ata o 98.5%.

Depósito significa que hai un valor económico asociado a cada envase, un incentivo para que ese envase volva á cadea de produción nas mellores condicións para a súa reciclaxe e que esa cantidade non é un imposto senón un adianto. Devolución significa que esa cantidade que o consumidor adiantou se lle reembolsa na súa totalidade cando entregue o envase de novo no comercio. Retorno significa que o envase volve á cadea de produción, é unha materia prima en condicións de converterse en calquera novo produto, o ciclo péchase e non hai lixo!

Podes atopar máis información en retorna.org