Para o vindeiro Domingo, 18 de Outubro, está convocada ás 12:00 horas na Alameda de Santiago de Compostela a que se espera que sexa unha nova grande manifestación a favor da lingua galega. Verdegaia reafírmase no posicionamento a respeito do noso idioma realizado co gallo do pasado Día das Letras e chama de novo á mobilización nonviolenta tanto secundando esta nova convocatoria de manifestación como apoiando as iniciativas a prol do galego que a cada quen lle parezan máis acaidas, acertadas e/ou interesantes de entre as surxidas nos últimos meses:
Galego, Patrimonio da Humanidade
Manifesto pola Hegemonia Social do Galego