As organizacións Amarante e Verdegaia veñen de entrecruzar o seu camiñar organizativo en Compostela, apostando por unha alianza de colaboración e apoio mutuo que ten como expresión máis concreta a apertura dun local compartido nesa cidade,dotado dun centro de recursos con material bibliográfico e audiovisual, sala de usos múltiples para a realización de actividades, ademais da tenda de productos de comercio xusto. O próximo xoves día 25 de xuño a partir das 20:00hs na rúa Romero Donallo nº 17, celebramos a inauguración oficial do local cuns pinchos e quixéramos contar coa vosa presenza. Tamén teremos unha exposición sobre o cambio climático, música, caipiriñas e algunha outra sorpresa… Non o perdades!
Related Posts
DENUNCIA
Entradas Facebook
4 horas fai
Galiza coa Palestina, 6 de maio O luns 6 de maio haberá novamente concentracións en varias localidades do país.Stop xenocidio! Desde o río até o mar, Palestina vencerá!Mar de Lumes BDS Galiza Galiza por Palestina جليقية من أجل فلسطين e a Asociación Jenin volven convocar novas concentracións para reclamar o cesamento do fogo en Palestina e que Israel deteña o xenocidio que está a cometer.www.verdegaia.org/wp/galiza-coa-palestina-6-de-maio/
... Ver máisVer menos
4 horas fai
Comunicado de condena e rexeitamento á agresión contra unha menor saharauíÉ con profunda indignación e repudio que a comunidade saharauí en Galicia condena enerxicamente o vergoñento e desprezable acto de agresión perpetrado por un individuo, de nacionalidade marroquí, durante unha manifestación propalestina en Lugo contra unha menor saharauí (o día 21 de abril de 2024).Sumámonos ao comunicado de repulsa da Comunidade Saharauí na Galizawww.verdegaia.org/wp/comunicado-de-condena-e-rexeitamento-a-agresion-contra-unha-menor-saharaui/
... Ver máisVer menos