branhasdedodrorotweb.jpgCoñece en tren e a pé un dos espazos húmidos intermareais máis extensos, descoñecidos e de maior valor ambiental de Galiza. É o habitat de máis de 60 especies de aves entre as que está a escribenta das canaveiras, unha reliquia destas brañas que está en perigo de extinción, ou a folosa acuática, tamén ameazada. A foz do río Ulla é tamén o escenario de antigas e modernas referencias literarias, misteriosas lendas e o sustento de ancestrais actividades humanas que se coñecerán neste roteiro. 

Farase tamén unha revisión sobre o terreo do proxecto do Ministerio do Ambiente, que pretende instalar alí uns camiños, aparcadoiros, postos de observación de aves, unha praia fluvial e un embarcadoiro. Verdegaia solicitou no ano 2007 que este proxecto se sometese ao proceso de avaliación do impacto ambiental.

O roteiro organízase en colaboración coa Concellaría de Desenvolvemento Local do Concello de Dodro, e divúlgase tamén nas freguesías de Dodro co obxectivo de facer unha actividade conxunta entre visitantes de fóra das brañas e a veciñanza que vive a pé do espazo, e así podermos intercambiar impresións, experiencias e coñecementos. Asistirán estudosos/as da Braña que explicarán aspectos naturalistas, sociais e históricos do lugar.

DATOS PRÁCTICOS:
Hase levar o xantar, a merenda e a cantimplora; botas para a lama, chapeu
para o sol e os prismáticos quen os teña. A camiñada é duns 16 km (12 km para o grupo de Dodro).

O grupo de Compostela, xuntámonos na estación do tren ás 10:00 para irmos a Catoira e ter unha primeira perspectiva do conxunto brañego desde o camiño de ferro. Colleremos o tren de volta en Padrón para chegarmos ás 22:30. O prezo do tren son 5,70€ ida e volta.

En Dodro, o lugar de encontro é o SERRADOIRO de BEXO (na Redonda do Río) ás 11:30 e o remate antes das 21:30 na depuradora de Lestrove. 

Outras SAIDAS posíbeis en tren son: A Coruña 09:30, Ordes 10:12, Vigo 09:15, Pontevedra 09:42 e Vilagarcía 10:17. O tren do sur chegaría a Catoira ás 10:27, e agardarían o grupo de Compostela ás 11:00.  As correspondentes CHEGADAS serían:  A Coruña 23:20, Vilagarcía 21:30, Pontevedra 22:04, Vigo 22:42 Para os destinos sur hai que adiantarse a coller o tren das 21:08 en Padrón.

Info e inscrición: 645 567 609