stropharia-aurantiacaO Núcleo Comarcal de Verdegaia en Compostela organiza o sábado 4 de novembro un roteiro micolóxico pola Carballeira de Bando guiado por biólogos expertos en cogumelos.

A saída será as 10:00 dende a dársena de autobuses do Colexio La Salle voltando arredor das 14:00. Prezo por persoa: 2 €.

Recoméndase levar un cesto de bimbio e unha navalla.

Cómpre anotarse previamente no correo-e info@verdegaia.org ou chamando ao 658 479 468.