minuattertuliaecoloxistabranhas.jpgNova Tertulia ecolóxistas no bar  "O Paraiso Perdido" de Compostela. O tema para este cuarta-feira, 19 de xaneiro, será "As Brañas do Sar", contando con Marcos López Pena, membro da Gentalha do Pichel, unha das persoas que están a seguir o tema dos informes e o plano especial de urbanismo.

 

Brañas do Sar

Chegóuselle a chamar o pulmón verde de Compostela. As Brañas do Sar, un espazo de grande importancia biolóxica, hidráulica, cultural e histórica da nosa cidade. Motivos suficiente para a súa preservación e recuperación. Que se quere para a Brañas do Sar? Que contempla o plano especial que a cámara municipal preparou para este espazo? Que implica na práctica? Que se está a facer dende distintas asociacións? Que podemos facer desde a cidadanía?

Xa sabedes: para opinardes, achegardes a vosa idea ou experiencia, mesmo rebater ou simplesmente escoitardes o que se di…

Esta cuarta-feira, día 19 de xaneiro, ás 21:00 no Paraiso Perdido de Compostela (San Paio de Antealtares).

 

Cartaz tertulia xaneiro – Brañas de Sar