As organizacións Amarante e Verdegaia veñen de entrecruzar o seu camiñar organizativo en Compostela, apostando por unha alianza de colaboración e apoio mutuo que ten como expresión máis concreta a apertura dun local compartido nesa cidade,dotado dun centro de recursos con material bibliográfico e audiovisual, sala de usos múltiples para a realización de actividades, ademais da tenda de productos de comercio xusto. O próximo xoves día 25 de xuño a partir das 20:00hs na rúa Romero Donallo nº 17, celebramos a inauguración oficial do local cuns pinchos e quixéramos contar coa vosa presenza. Tamén teremos unha exposición sobre o cambio climático, música, caipiriñas e algunha outra sorpresa… Non o perdades!
Related Posts

DENUNCIA
Entradas Facebook
3 días fai
Palestina 27N, Non é unha guerra, é un Xenocidio
A solidariedade galega co pobo palestino non pode decaer!
Porque o cesamento do fogo temporal en Gaza nin oculta nin vai deter os plans do sionismo xenocida, coa plena complicidade dos EUA e da UE.
Por iso, o vindeiro luns 27-N, saiamos de novo ás rúas para berrarmos: “non é unha guerra, é un xenocidio!”
(Consulta horarios e localidades)
www.verdegaia.org/wp/palestina-27n-non-e-unha-guerra-e-un-xenocidio/
... Ver máisVer menos
2 semanas fai
EncenterraO nacemento de ENCE TERRA, outra burla mais de Ence...
... Ver máisVer menos