Hai uns días un grupo de persoas constituíamos en Pontevedra o núcleo comarcal de Verdegaia. Faciámolo entendendo que na nosa comarca facía falla unha organización ecoloxista que abordara de xeito global e cun claro concepto de ecoloxismo social os graves problemas ecolóxicos que existen no noso entorno e a solución aos mesmos – defensa da biodiversidade, loita contra a contaminación, os dereitos dos animais, un modelo de transporte público e ecolóxico, un novo modelo de consumo sostible, a loita contra os transxénicos e pola produción ecolóxica, …
Faciámolo ademais, entendo como di a máxima ecoloxista “actúa localmente, pensa globalmente” , non queriamos ser só un grupo ecoloxista local senón participar dun proxecto máis amplo.
Apostamos por un ecoloxismo sen ataduras, isto é, totalmente independente de calquera estrutura de poder ou partidaria que condicione a nosa acción.
Estamos aquí non para competir con ninguén senón para cubrir un espazo hoxe existente na nosa comarca e dispostos a traballar en rede con cantos colectivos sociais defenden os intereses do medio ambiente e do planeta.
Temos moito no que traballar pero tamén temos gañas de compartir con vós o inicio desta nova andaina
Por iso, convidámoste á presentación pública de VERDEGAIA PONTEVEDRA o próximo xoves 25 de xuño ás 20,00 horas na Galería Sargadelos ( na rúa da Oliva, Pontevedra ).
Durante o acto:
– Presentaremos ás liñas de traballo de Verdegaia Pontevedra
– Proxectaremos a curtametraxe “La historia de las cosas”
– Compartiremos uns pinchos e un viño (ecolóxicos por suposto )
Esperámosvos
Coordinadora Comarcal de Verdegaia Pontevedra