No mes de Xullo a campaña ‘12 Meses, 12 Invasoras’ incide sobre a fermosa pero terrible Crocosmia, un híbrido de dúas plantas sudafricanas creado con fins ornamentais pero que se naturalizou con facilidade e tornouse un serio problema para os ecosistemas fluviais.
Na ficha adxunta atoparás información sobre a planta así como consellos para a súa eliminación e no último Domingo de Xullo realizaremos unha actividade para poñer en práctica eses consellos, xa vos informaremos da hora e do local.
O Domingo 30 de Xullo visitaremos un treito do río Morgadáns preto de Gondomar onde a Crocosmia se expande sen freo dende fai varios anos. Ao longo de dúas horas aprenderemos as mellores técnicas para eliminar esta planta que impide o crecemento das especies herbáceas autóctonas nesta fermosa zona do Val Miñor.
O Domingo 30 de Xullo combinamos ás 11:00 na rotonda da Av. Conde de Gondomar (diante da farmacia, 42°06’29.7″N 8°45’38.2″W). A participación é gratuíta e a organización prestará as ferramentas e as luvas necesarias.