O pasado 29 de febreiro constituíuse a Plataforma Galega AntiTransxénicos integrada por vinte organizacións sociais, entre as que está Verdegaia. O obxectivo desta plataforma é traballar conxuntamente para acadar a declaración de Galicia como Zona Libre de Transxénicos.
As liñas principais de traballo que a Plataforma Galega Antitransxénicos (OMX´s) levará a cabo son as seguintes:
1º-Esixir información por parte da Administración en todo o relativo ao cultivo e experimentación de transxénicos en Galiza.
2º-Solicitar unha entrevista con carácter de urxencia cos/cas resposábeis máxim@s das Consellarías de Medio Ambiente e do Medio Rural, na que se lles trasladarán as demandas da Plataforma Galega Antitransxénicos.
3º-De xeito paralelo, iniciarase unha campaña de información cidadá referida ós riscos derivados do consumo e cultivo de transxénicos. Iniciarase de modo máis intensivo nos concellos onde xa se teñen realizado ensaios con OXM´s.
4º-Inícianse os trámites para a promoción dunha iniciativa lexislativa popular (ILP) orientada á prohibición da experimentación, cultivo e consumo de productos tranxénicos en Galiza.
Podes atopar máis información en www.galizasentransxénicos.org