Únete a nós este luns 5 ás 9:30 da mañá.- As asociacións Greenpeace e Amigos da Terra (que forman parte de Coalición Clima) e máis Verdegaia convidan a toda a cidadanía a un acto de rúa que terá como obxectivos, por unha banda, visibilizar o importante acontecemento de contar co IPCC (Intergovernmental Panel on Climate Change ou Painel Intergovernamental sobre Mudanzas Climáticas) en Vigo e, por outra, demandar aos gobernos maior compromiso nas súas accións tendo en conta o que a ciencia advirte sobre esta importante problemática global que nos afecta. Por esa razón estaremos este luns 5 de novembro a iso das 9:30 da mañá diante do Centro Social Caixanova (Policarpo Sanz, 24) para facer a nosa particular homenaxe aos científicos, mais sen esquencer tamén aos políticos. Agardámoste!
Verdegaia conta coa colaboración financeira da Deputación Provincial da Coruña, no marco do Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente
Nace a plataforma ‘Galiza sen Gas’ para acelerar o abandono dos combustibles fósiles Co apagado definitivo da central de carbón das Pontes en outubro pasado, a plataforma “Galiza, un futuro sen carbón” viu cumprido o seu obxectivo de pór fin ao uso do carbón na nosa terra antes de 2025. Agora, xusto cinco anos despois do seu nacemento, transfórmase en “Galiza sen gas” para demandar o abandono do gas fósil antes de 2035. www.verdegaia.org/wp/nace-a-plataforma-galiza-sen-gas-para-acelerar-o-abandono-dos-combustibles-f...... Ver máisVer menos