Xa son numerosas as cidades da europa e do resto do mundo que saen ás rúas para amosar a súa solidaridade con Palestina. Pero mentres o pobo palestiniano, precisa dun cese inmediato dos bombardeos, que se respecten os dereitos humanos, que se permita o corredor humanitario, que se respecte a lei internacionar e os tratados asinados polo estado de Israel.

Que o estado de Israel vaia cumprir estas leis e acordos vai ser difícil senón ha unha presión dos estados e dos organismos internacionais, mais iso pasa por cada unha de nós, de seguir manifestándonos polas persoas que viven na Palestina ocupada. Que seguiremos esixindo que se cumpran os seus dereitos, que poidan vivir como persoas de pleno dereito e non como refuxiadas. E non podemos quedarnos aí, Israel tera que ser xulgada polos crimes de lesa humanidade.

Estes crimes, son o castigo colectivo ao pobo de moitas formas como o corte de subministros básicos, auga, alimentos e electricidade. Tamén os bombardeos a hospitais e zonas residenciais, sumando que estes bombardeos foron empregando fosforo blanco, segundo denunciaba Human Rights Watch, Esta arma química esta prohibida pola convención de Xenebra da cal é asinante Israel e os Estados Unidos.

Estes crimes de lesa humanidade non rematan aí. Cando Israel dá un ultimatun para que a poboación do norte marche cara o sur de Gaza por que di que quere bombardear esa zona incluído un hospital con persoas en coidados intensivos, significa que vai a arrasar con toda edificación, como o bombardeo naci de Varsovia. Lamentablemente estanos a tocar vivir o xenocidio do século, e desta vez polos Sionistas.

Non podemos esquecer que os xudeos antisionistas estanse a manifestar polo que está a acontecer na Palestina, e que xa o levan feito dende moitas decadas atras, e hai que escoitalos.

Hai que coñecer a historia do conflito dende a Declaración Balfour, até estes días. Por iso desde Verdegaia e desde as plataformas das que fai parte, tentaremos seguir contando en Palestras, protestas en accións de rúa, para concienciar do que aconteceu e acontece na Palestina ocupada. Pero hoxe debemos saír as rúas para que a as persoas da Palestina saiban que non están soas!