Verdegaia vén de solicitar ó Concello de Vigo, mediante a presentación dun escrito ante a Concellalía de Servizos Xerais, Vías e obras, a instalación de illetas de reciclaxe no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, situado na parroquia viguesa de Valadares.

 

Así mesmo, dende a nosa Asociación ecoloxista tamén solicitamos que se realice unha campaña de concienciación e de información na empresas ubicadas nesta zona empresarial para que os traballadores tomen conciencia desta instalación e separen os residuos para a súa posterior reciclaxe.

No citado escrito tamén se solicita que unha vez colocadas as novas “illetas de reciclaxe”, se recolla periodicamente o lixo que nelas se deposite.

Cómpre ter en conta que o Parque Tecnolóxco e Loxístico (P.T.L.) de Vigo xera unha enorme cantidade de Residuos Sólidos Urbanos (R.S.U.), moitos dos cales son reciclables, e que neste lugar non existe ningún dispositivo de recollida selectiva de lixo que faga posible a posterior reciclaxe destes residuos polo que son depositados nos contentores de lixo convencional e, consecuentemente, non se reciclan.