A Rede de colectivos en defensa da ría de Vigo , ARNSV.
Agrupaçom de montanha Augas Limpas, Asociación Cultural Berra Val Miñor, Asociación Treze Catorze, Bouzas Móvete, C. S. A Revolta, C.S. A Faisca,C.V. contra a Macrodepuradora do Lagares, Caleidoskopio, Clube Espeleolóxico Mauxo, Colectivo Xogo Descuberto, Foro Social de Cangas, G.A.S. Vigo, Luita Verde, OAR Redondela, Plataforma Cidadá de Redondela, Plataforma Defende Mos, Salvemos Monteferro, Salvemos O Salgueirón, SOS Serra da Groba, Verdegaia, Voces polo Litoral de Teis
Ven de enviar unha carta á Conselleira de Medio Rural e do Mar e ao Presidente da Xunta de Galicia para amosar o noso malestar porque, o pasado 6 de maio, a Sra Rosa Quintana inaugurou o Congreso Internacional de Augas Profundas celebrado no complexo Talaso Atlántico, queremos facerlle chegar feito a nosa queixa ante este feito que non so resulta paradóxico e indignante para os colectivos que defendemos o meio natural se non que, ao noso entender, constitúe un insulto para a cidadanía e organizacións que un representante do goberno galego participe nun acto celebrado nunha edificación ilegal e contraria ao respeto ao Medio Ambiente e a lexislación vixente, con sentencia firme do TSXG, que segundo o noso entender supón un desprecio absoluto da administración pola xustiza e o apoio a este tipo de ilegalidades, cando a administración debería saber ben que o fin das construccións ilegais debería ser a demolición.
Como é sabido e público, Talaso Atlántico, foi denunciado por múltiples irregularidades que se detallan nos escritos presentados. Todos os feitos que se reseñan e dos que lles adxuntamos documentación acreditativa, teñen sido divulgados tanto polos meios de comunicación a nivel local, galego e estatal, como por organizacións en defensa do Medio Ambiente.