Os colectivos que presentaron alegacións ao Plan Uso e Xestión do porto de Vigo, entre os que se inclúe Verdegaia, solicitan a redacción e tramitación dun novo plan. Tamén instan á Autoridade Portuaria de Vigo a "absterse de programar, iniciar, tramitar, publicitar -con diñeiro público-, etc. calquera tipo de iniciativas, "proxectos", "ilusións", concursos, etc. dentro do ámbito da xurisdición portuaria sempre que non se resolva a situación contenciosa apuntada, tendo en conta que ningunha delas será acorde co que se poderá contemplar no inexistente Plan de Utilizacións dos Espazos Portuarios".

1.-    O 12 de xaneiro rematou o prazo para a contestación por parte da Autoridade Portuaria ás alegacións presentadas ó Plan de Utilización dos Espazos Portuarios do Porto de Vigo ( art. 42 da Lei 30/1992)

 2.-    A día de hoxe é constatable que a ningún dos alegantes se lles notificou de forma algunha a recepción de ditas alegacións así como tamén é constatable que non se lles convocou ao preceptivo trámite de audiencia.

 3.-    A teoor do disposto no artigo 44 da devandita lei, (falta de resolución expresa en procedementos iniciados de oficio, cuxo apartado 2   establece que: Nos procedementos nos que a Administración exercite potestades sancionadoras ou, en xeral, de intervención, susceptibles de producir efectos desfavorables ou de gravame, producirase a caducidade. Nestes casos, a resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións, cos efectos previstos no artigo 92), caducado o devandito Plan de Utilización dos Espazos Portuarios do Porto de Vigo, deberán proceder ó seu arquivo.

 4.-    Nese sentido, vimos de presentar na Autoridade Portuaria de Vigo, con data de hoxe e por rexistro de entrada,  un escrito asinado polas sete asociacións aquí representadas, do que achegamos copia.

 5.-    Por outra banda, a xeralidade das alegacións presentadas polos sete colectivos asinantes fan fincapé en que se retire o documento por mor das seguintes consideracións:

·       O PUEP conculca a propia lexislación vixente do Porto, carece de Plan Estratéxico e de Plan de Infraestructuras.

·       O PUEP carece de informe de Sostibilidade Ambiental, segundo establecido na Lei 9/2006 de 28 de Abril.

·       Faise caso omiso do establecido no Decreto Lei 2414/1961 que aproba o Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres e Perigosas.

·       Faise caso omiso do establecido na Lei 37/2003 do Ruido.

·       Carece de Avaliación de Impacto Ambiental Estratéxico según as normativas: Directiva 2001/42/CEE relativa á avaliación dos efectos de determinados Plans e Programas no Medio Ambiente; Directiva 85/337/CEE relativa á avalación de proxectos públicos e privados no medio ambiente, modificada pola 97/11/CEE; Directiva 92/43/CEE que dispón que os estados membros adoptarán as medidas necesarias nas zonas especiais de conservación como Rede Natura 2000 ou espazos naturais para evitar a deterioración do hábitat natural e das especies asi como as alteracións que motivaran a designación da zona.

 ADEGA, Bouzas móvete, Foro Social de Cangas, Luita Verde,  Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, Salvemos Monteferro, Voces polo Litoral de Teis, GAS, Centro Social Revolta e Verdegaia.

 

Descarga o escrito presentado ante a Autoridade Portuaria