O río Barxa é un dos principais afluentes do Lagares e constitúe un dos últimos redutos naturais en Vigo.  

Ao longo de aproximadamente unha hora e media iremos descubrir un dos ríos máis fermosos da cidade e aproveitaremos para recoller lixo das marxes e eliminar especies invasoras como a Herba da fortuna (Tradescantia fluminensis), a Tintureira (Phytolacca americana) ou a Falsa acacia (Robinia pseudoacacia). 

Levaremos luvas, sachiños e pequenas ferramentas de xardinaxe pero se podes trae tamén algunhas da casa. Realizamos esta actividade dentro do proxecto “La gran semana”, no que ao longo dunha semana asociacións de todo o Estado organizan actividades relacionadas coa conservación da biodiversidade.