A asociación ecoloxista Verdegaia vén de solicitar, mediante a presentación dun escrito dirixido á concelleira de Medio Ambiente do Concello de Vigo, que se estableza un cupo máximo de cincuenta persoas por roteiro dentro do programa municipal de roteiros “Camiño a camiño”.

 

Esta solicitude ten como fin que se eviten masificacións humanas nos lugares visitados xa que este programa de roteiros non contempla o impacto que produce a masiva presenza humana cando se leva a centos de persoas a un espazo natural. Ademais,  dende Verdegaia solicitamos que se alongue a duración do programa no tempo se é que a demanda sobrepasa ese cupo.

Ao mesmo tempo, dende Verdegaia cremos que estes roteiros son unha actividade moi positiva e de moito interese para a cidadanía viguesa.