Un mes máis, este sábado 30 de agosto as organizacións integrantes de Vigotroca, Amarante, Caleidoskopio e Verdegaia, celebramos unha nova edición do mercadiño mensal de troco e cesión na rúa Urzáiz (Vigo), fronte ao mercado do Calvario, entre as 12 e as 14 horas.

O obxectivo é consolidar o intercambio voluntario e libre, sen cartos de por medio, de bens e servizos entre os participantes e afondar na conciencia coletiva da necesidade dun consumo consciente e solidario. Trátase tamén de fomentar a reutilización, a reciclaxe e a participación cidadá.

Unha vez máis, convidámosvos a tod@s a tomar parte nesta xornada na rúa e a utilizar a nosa páxina web, http://vigotroca.arkipelagos.net, na que os particulares poden trocar ou ceder os seus bens e servizos