ra.jpgNace a Rede Anticapitalista Galega (RA!) para transformar un sistema insostible e xerador de pobreza.

Este 28 de marzo, coincidindo coas mobilizacións globais contra o cume do G20 en Londres, a Rede Galega Anticapitalista, a Ra!, fará a súa primeira actividade pública en Compostela (Praza das Praterías, ás 12:00 horas).

Para os colectivos da Ra! “A esquerda institucionalizada abandonou hai tempo os programas de transformación social. Somos os movementos sociais quen temos que reaxir diante da incertidume”.

A Ra! nace no noso país ante a situación de crise que está a vivir o mundo enteiro, unha crise de dimensións múltiples. As solucións que impoñen dende o poder –máis libre comercio, cartos públicos para rescatar os bancos, o sector automobilístico e inmobiliario, máis oligopolios, máis transxénicos, etc.– tratan de agachar que a crise é produto do sistema capitalista, que só afondará os seus impactos sobre os pobos, as persoas e sobre o conxunto do planeta.

Co evento do 28 de Marzo, a RA! manifesta a súa diposición a artellarse con outras mobilizacións globais, como a que terá lugar ese mesmo día en contra da xuntanza do G-20 en Londres, baixo o lema, “Decídelle ao G-20 que primeiro é a xente”.O 17 de abril, Día Internacional da Loita Labrega e pola Soberanía Alimentar dos Pobos, desenvolveránse novas protestas orientadas a concienciar e informar á cidadanía e a presionar aos poderes políticos para que emprendan cambios reais.

Este sistema non nos vale!
ROLDA PRENSA PRESENTACION EN PONTEVEDRA
Co obxectivo de presentar a RA en Pontevedra convocase ROLDA DE PRENSA:

      DATA: XOVES 26 de MARZO

 LUGAR: GALERIA SARGADELOS. PONTEVEDRA

HORA: 12,00 HORAS

Quen forma a RA!:
A RA! agromou en decembro de 2008 axudada polas reflexións do Foro Social Galego. Están integrados os seguintes colectivos: Altermundo, Amarante, A Baiuca Vermelha, Cemma, CGT-Pontevedra, CGT-Arousa, CIG-Servizos, Enxeñería Sen Fronteiras, A Gentalha do Pichel, Implicadas no Desenvolvemento, Médicos do Mundo, Marcha Mundial das Mulleres, Ospaaal, Foro de Inmigración, Panxea, Ais O Peto, Sindicato Labrego Galego, Sinerxia, Verdegaia, Véspera de Nada, Veterinarios sen Fronteiras, Whipala e A.C. Xermolos.

+INFORMACIÓN: A páxina web da Ra! está en proceso de creación.

Para integrarse na rede abonda enviar unha petición á listaxe:redeanticapitalista@altermundo.eu