Un membro de Verdegaia Ourense informou hoxe de que se produciu un novo vertido no río Arenteiro que produciu a morte de moitísimas troitas na piscifactoría da Carinza, que agora se están retirando de alí.
Verdegaia reclama que se investigue o sucedido, que se informe adecuadamente do resultado da investigación e que a persoa ou as persoas (físicas ou xurídicas) culpables paguen o xustiprezo polo sucedido.
Xa está ben de dar breves noticias sobre vertidos cando agora mesmo é un dos grandes problemas que sofren as correntes de auga no país, desde as grandes cidades ata as aldeas máis pequenas.
Verdegaia cre que xa é hora de que se organice o territorio non soamente no litoral, senón que se revise o estado de todos os acuíferos para libralos de máis vertidos como este.