As V xornadas de Agroecoloxía de Ourense mostran a consolidación dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense. A Esmorga, Amarante, Amigos da Terra, Semente, Sem Um Cam e Verdegaia presentan durante 20 dias de festa e reflexión colectiva, o traballo realizado conxuntamente durante os últimos meses para que sexa cada vez mais visíbel, para que cada ano teñan mais voz todos aquelas proxectos alternativos centrados no compromiso con a xustiza social e ecolóxica.

Mais un ano, as xornadas de Agroecoloxía ofrecen achegármonos, se cadra un bocado mais ao mundo que todas desexamos como noso: un mundo no que actuemos de xeito activo contra un modelo de produción agrícola e gandeiro intensivo e aberrante, potenciado por intereses económicos e comerciais insensíbeis a calquera consideración con a saúde pública, do benestar animal, de respecto ao medio natural e as culturas labregas.

A Agroecoloxía fronte á crise capitalista

Pensamos que a Agroecoloxía é unha ferramenta imprescindíbel nos momentos que estamos a vivir. Diversas son as crises que se nos ven enriba -económica, social, política, alimentaria, ambiental, entre outras- todas elas causadas polo modelo depredador que constitúe o capitalismo vixente, e cuxas receitas mais agresivas (privatización dos recursos, dos servizos e mesmo dos dereitos, fin dos estado do Benestar, libre mercado global, especulación con os alimentos…) preséntannos, paradoxalmente, como única solución posíbel aos problemas que estas mesmas crean. Destes problemas que se crean nos diversos ámbitos falaremos durante as diversas actividades das xornadas e para alén diso, tentaremos contrapor as alternativas que a Agroecoloxía presenta tanto desde o ámbito da análise -teórico- como desde experiencias prácticas.

Falaremos de economía, de xénero, de transxénicos, xestión de recursos, consumo responsábel, finanzas éticas; coñeceremos e visitaremos proxectos agroecolóxicos, ou intercambiaremos sementes entre outras actividades.

Continuando o modelo de financiamento das edicións anteriores das xornadas, desde a organización optamos por un evento autoxestionario, que sustentado mediante as aportacións individuais nas diferentes actividades lúdicas que se organizan, alén da colaboración artística de destacadas figuras culturais galegas. Este compromiso de

autoxestión constitúe unha aporta pola independencia e o fortalecemento das redes sociais como voceiros do cidadanía.

PROGRAMA:

V XORNADAS DE AGROECOLOXÍA DE OURENSE

Do 17 de febreiro ao 4 de marzo de 2011

http://agrourense.info; información@agrourense.info

 

 

  • Martes 15 de febreiro: Presentación das Xornadas. Lugar: Casa da Xuventude, rúa Celso Emilio Ferreiro 27, ás 11:30 horas.

  • Xoves 17 de febreiro: "Mulheres e méio rural". Compartiremos un serán de compromiso con o agro e o feminismo ao calor de dúas impresionantes mulleres, rebeldes incombustíbeis, coidadoras do público e do privado, da terra, o traballo, a saúde e a xustiza. Participan: Tareixa Ledo e Lidia Senra. Lugar: Centro Social Sem Um Cam (rúa do Vilar, 9), ás 20:00 horas.

  • Venres 18 de febreiro: "Decrecemento". Tentaremos desmontar a falacia que asocia Crecemento Económico con benestar, servizos sociais, calidade de vida… O decrecemento, non só como teoría filosófica senón tamén como modo de vida, vira as costas ao capitalismo na procura de outros mundos posibles, no camiño da xustiza social e ecolóxica. Participa: Carlos Taibo. Lugar: Centro Social A Esmorga (rúa Telleira, 9), ás 20:00 horas.

  • Sábado 19 de febreiro: Banco de sementes. Mercadiño de troco de sementes ecolóxicas. Pretendemos favorecer a recuperación e conservación das variedades tradicionais de plantas que foron mantidas dende sempre polas nosas agricultoras locais. Participan: invitamos a participación de todas as veciñas e veciños. Lugar: Parque novo debaixo da Ponte de Marcelo Macías (Barrio do Polvorín), de 11:00 a 14:00 horas.

  • Domingo 20 de febreiro: xantar anti-transgénicos. Como primeiro prato, Charo Sanchez do Sindicato Labrego falara-nos da repercusión da introdución dos transxénicos no agro galego e das consecuencias sobre a nosa alimentación. O coloquio desenvolverá-se ao longo dun xantar cento por cento ecolóxico, onde debateremos sobre as posíbeis receitas para deitar fora das nosas mesas os produtos manipulados xeneticamente. Participa: Charo Sánchez Parga. Lugar: Sem Um Cam, ás 13:30 horas. Inscrición no co-e: informacion@agrourense.info. Preço: 5 €.

  • Martes 22 de febreiro: "A privatización dos recursos: Os exemplos da água e o solo". Á hora de tomar calquera decisión social, política ou económica que hoxe gobernan o mundo, calquera cousa é susceptíbel de entrar na categoría de mercadoría. A isto non escapa nada: nin alimentos, nin terra, nin água, nin sequera as persoas. Nesta xornada as compañeiras dos SLG falarannos da nova lei de augas da xunta, da nova lei do solo e das Directrices de Ordenacióndo Territorio

    • que supoñen a privatización da água e a desprotección absoluta dos solos agrícolas. Participa: Manuel Docampo, membro da executiva nacional do Sindicato Labrego Galego. Lugar: A Esmorga Centro Social (Rua Telheira 9 Zona Universitaria), ás 20:00 horas.

    • Mércores 23 de febreiro: "Unha visión crítica do consumo responsábel". Da man deste entrañábel economista ourensán, revisaremos o ideario que latexa en moitos dos nosos movementos sociais seguindo a liña de análise da Economía Crítica. Participa: xosé Iglesias. Lugar: Facultade de Ferro (aula 0.3), Campus Universitario de Ourense, ás 20:00 horas.

    • Venres 25 de Febreiro: Visita guiada a un hipermercado. O hipermercado, fiel representante da sociedade de consumo actual, tamén o é da exclusión e insostibilidade que caracteriza a globalización económica. Detrás de prezos contidos e unha suposta grande variedade de mercadorías agóchase moito máis que o acceso a unha alimentación suficiente e saudable. Máis ben o contrario, a concentración da distribución nas multinacionais promove tamén a globalización da agricultura no Mundo, provocando o uso irresponsable dos recursos e atentando gravemente contra a seguridade e soberanía alimentaria dos labregos e traballadores, así como a dos propios consumidores. Lugar: Estatua Carrabouxo (Parque de San Lázaro), ás 19:00 horas.

    Agri – CULTURA: Actividades Culturais. Concerto musical de Ugía Pedreira + Fred Martins, Sacha na Horta e Tristteto, que colaboran de forma altruísta en apoio das Xornadas de Agroecoloxía. Lugar: Café Auriense, Praza do Correxidor, ás 22:00 horas. Prezo: 5 €.

    • Sábado 26 de febreiro: Visita a fundación Galicia Verde. Situada no concello de Forcarei a entidade ten como fins, entre outros, os de promover o cambio social e a sustentabilidade no medio rural, así como a concienciación e a denuncia dos dos graves problemas que afectan ao medio natural. Un proxecto transformador que parte da iniciativa de particulares sensibilizadas coa crise social e ambiental que estamos a vivir. Saída: quedada na rotonda do afiador (no lateral do Edificio Politécnico da Universidade, ao lado da estrada que vai a Castro Caldelas), ás 9:30 horas. Inscrición no co-e: informacion@agrourense.info (avisar de se dispón de coche).

    • Martes 1 de marzo: "Finanzas éticas". Existe a economía transparente e solidaria. Diversas propostas económicas de ámbito galego posibilitan incidir social, cultural e ecolóxicamente no noso entorno. Mostrarán que non se financiará á industria armamentística, á especulación e á destrución do planeta. Non cos nosos cartos. Participan: Fiare, Coop57 e O Peto Lugar: Café Grándola (praza de San Marcial), ás 20:00 horas

    • Venres 4 de marzo: Reunión da Rede Galega de Consumo Responsable.

      Galiza continúa coa súa escalada de colectivos de diversa índole que apostan por traballar por unha cultura de consumo consciente e responsable. Situándose na realidade social e económica da Galiza do século XXI, podemos camiñar sendo conscientes das nosas decisións en materia de consumo. Lugar: Casa da Xuventude (rúa Celso Emilio Ferreiro, 27), ás 17:00 horas.

      Contactos:

      Para calquera consulta, podedes contactar con nós en informacion@agrourense.info.