Na procura de afondar nos procesos como as moedas alternativas, as redes de troco e aquelas iniciativas que recuperen a centralidade das persoas dentro dun proceso económico alternativo que aposte polo local e polas redes sociais na vindeira semana celébranse dúas xornadas. As Xornadas "Creando Economías Sostíbeis" na Coruña e as IV Xornadas de Economía Alternativa en Lugo, nas que participa Verdegaia presentando a experiencia dos trocos.
Xornadas CREANDO ECONOMÍAS SOSTIBLES
A Coruña, 28 e 29 de febreiro de 2008
Xoves 28 – 20:30 h.
Charla: ‘Moedas Complementarias: Tecnoloxías para un mundo máis Xusto e Responsable’ e ‘Unha experiencia práctica da posta en marcha do primeiro Banco de Tempo de Londres’.
Stefania Strega-Scoz: coordinadora da Academia de Permacultura "Nodo Espiral España" e activista en Moedas Complementarias; ver CV completo.
Venres 29 – 20:30 h.
Xuntanza de Troco. Coa participación de Javi (do CSA ‘A Cova dos Ratos’, proxecto integrante da rede VigoTroca) e de integrantes da Rede de Troco da Coruña e de Invisíbeis.
Como remate, celebrarase unha cea compartida coas aportacións culinarias das/dos asistentes.
Lugar: Centro Social "Atreu" (rúa San Xosé – zona Campo da Leña/Pza. España)
Organizan: Rede de Troco da Coruña e C.S. Atreu
Colabora: A Cova da Terra
IV Xornada de ECONOMÍA ALTERNATIVA – III Conferencia de MOEDAS COMPLEMENTARIAS
1 de marzo. Lugo. A Cova da Terra
INSCRIPCIÓN
Na Cova da Terra, rúa Nóreas, 12, baixo, tlf. 982230211
ou na mesma xornada.
Prezo: 3 euros (de balde para os socios da Cova da Terra).
PROGRAMA
9:45h. Recepción de participantes
10:00h. Conferencia:
"Moedas Complementarias: Tecnoloxías para un mundo máis Xusto e Responsable"
Stefania Strega-Scoz. Coordinadora da Academia de Permacultura Nodo Espiral España e activista en Monedas Complementarias.
11:15h. Proxección do documental:
"A dobre cara da moeda"
12:15h. Pausa café (con produtos de comercio xusto e ecolóxicos)
12:45h. Conferencia:
"Bancos do Tempo, dar e recibir para construir comunidades saudables" / "Implantación de bancos de tempo no rural no marco do Proxecto Equal ARCO"
Rafael Gonzales. Coordinador da Rede de Bancos de Tempo de España.
Raquel Piñeiro. Consultora da Área de Benestar Social do Grupo Proxectos.
14:15h. Xantar
16:30h. Obradoiro:
"Experiencias autoxestionadas de moedas complementarias en Galiza"
Coordinador do obradoiro: Sergio.
Coa participación de: Iago Palmeiro (Banco de Tempo e Rede de Troco de Lugo), Javi (CSA "A Cova dos Ratos" proxecto integrante da Rede VigoTroca e das moedas complementarias "fíos" e "chozos"), María López (Rede de Troco de Verdegaia) e Sergio (Rede de Troco da Coruña).
Sobre as 18:00h. farase unha pausa café
20:30h. Peche da xornada.