Verdegaia apoia o escrito do colectivo Matar por Matar Non a respecto da solicitude de paralización de autorizacións de batidas de lobos híbridos na comarca do Barbanza.

Estas batidas son especialmente graves por varios motivos: hai outras alternativas Lobos híbridosmenos crueis, non se están supervisando as batidas, estanse matando lobos, híbricos e cans; vanse facer os trampeos en época de cría, están aparecendo animais mortos con lazos ilegais…

A continuación pegamos o texto que se apoia:

Sr. DIRECTOR XERAL PARA A CONSERVACION DA NATUREZA

Xunta de Galicia

Santiago de Compostela – CORUÑA.

 

As asociacións ecoloxistas, animalistas e protectoras que asinan o presente escrito e que

indican como enderezo de contacto a Rúa da Concordia, 29 – 3ºA 32003 Ourense,

 

MANIFESTAN:

 

Que, segundo informacións aportadas por esa Consellería, están sendo autorizadas, por parte

desa Dirección Xeral, batidas, agardos e trampeos contra supostos lobos híbridos na comarca

do Barbanza.

 

Que estamos en total desacordo con esta medida, porque consideramos que hai outras

alternativas máis éticas coma capturar aos animais vivos e esterilizalos.

 

Que, segundo noticias de prensa e observacións particulares e de grupos ecoloxistas, parecer

ser que se están realizando batidas sen supervisión algunha, nas que se lle dou morte a

diferentes animais (incluídos lobos, híbridos e cans) por parte dos cazadores.

 

Que os agardos e trampeos vánse a facer en plena época de cría o cal supón que a captura ou

morte da nai vai supoñer a morte de tódolos cachorros por inanicción.

 

Que varios animais, incluidos lobos, están aparecendo mortos a causa da utilización de lazos

ilegais.

 

Que na observación dos animais abatidos parece que se atoparon cánidos con sinais de

manipulación por parte do home, concretamente animais que tiñan as orellas recortadas.

 

Que tais indicios poderían ser unha proba de que se están soltando cans asilvestrados ou

híbridos de lobo no monte, co obxecto de confundir e enganar a esa Dirección Xeral, e así

poder matar lobos que supostamente atacan ao gando.

 

Á vista do exposto

 

SOLICITAMOS:

 

Que se deteñan de inmediato as batidas autorizadas, así como os agardos e trampeos,

estudando outro tipo de medidas alternativas e buscando solucións máis éticas e

contemporáneas.

 

Que de continuar con esta matanza se nos autorice a participar coma observadores, así coma

que se nos informe de tódolos análise realizados ata o momento e dos que se realicen a

partires de agora.

 

Que se investigue, chegado o caso, a relación que podería haber entre os denunciantes da

existencia de lobos híbridos e a aparición de lazos que ocasionan vítimas de maneira

indiscriminada.

 

Por último, demandamos tamén, que non olviden que o crecemento da poboación de cans no

monte se debe ao abandono destes animais por parte dos responsables e os poucos que

chegan a sobrevivir non teñen máis opción que adaptarse ao medio para permanecer con vida.

Polo que a solución para evitar posibles hibridacións no futuro pasa por poñer en práctica

medidas que eviten os abandonos: controis exhaustivos dos cans de caza, revisións rutinarias

de microchips, rexistro municipal deste animais, compromiso de esterilización, infraccións por

abandono, e, en definitiva un interese por parte da Administración en educar a sociedad no

respeto pola vida dos animais.