A patronal pasteira (ASPAPEL: Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón) coa colaboración das transnacional química (BASF) e a connivencia da Xunta (Secretaría xeral do Medio rural e Montes), están a promover unha campaña de fumigación masiva en Galicia dos montes de eucaliptos co fitosanitario Cascade™, para o control da praga do Goniptero. Transmítese dende as autoridades galegas e empresas involucradas, que o Cascade™ é un produto seguro para o medio ambiente, para as persoas, para as abellas…

Pero cal é a realidade? A realidade é a seguinte:Fumigación eucaliptos

  • O uso do flufenoxurón (principio activo do Cascade™) na Unión Europea foi prohibido.
  • Existen traballos científicos que relatan episodios de toxicidade en humanos debido ó Cascade™.
  • A Comisión Europea prohibe o uso de Cascade™, en base ás conclusións da Axencia Europea de Seguridade Alimentaria.

Este biocida resulta letal para as abellas e tóxico para o ambiente e as persoas. As fumigacións de químicos tóxicos dende helicópteros e avionetas non só afectarán aos insectos tratados, senón que contaminarán o solo, os acuíferos e as fincas veciñas; ademais de envelenar as especies vexetais e animais que estean na contorna, e mesmo ás persoas que vivan nos núcleos habitados das inmediacións.

O día 16 de abril de 2012 constituíuse en Compostela o cerne da Plataforma contra as Fumigacións – Por un Futuro sen Pesticidas, formada por unha serie de entidades e asociacións entre as que está Verdegaia.

Entre algunhas das actividades previstas ata o de agora estarían:

Recollida sinaturas: Salvemos as abellas de Galicia, salvemos o noso futuro.

Presentación denuncia perante a Fiscalía de Medio Ambiente

 

Redacción dun manifesto

 

Acción de protesta en Melide (un dos concellos que anunciou na súa web as fumigacións). O 29 de abril pasearemos pola feira de Melide con máquinas sulfatadoras, máscariñas, outros con traxe de abelleiros, para chamar a atención. Repartirase o manifesto da plataforma e haberá unha intervención pública explicando o que pretenden facer e porqué nos opoñemos.

Para máis información.