logo.jpgOs últimos estudos sitúan a costa galega, para o ano 2050, entre as máis afectadas pola suba do nível do mar e o aumento da enerxía da ondada debidos á mudanza climática.

 

Os efectos da mudanza climática na costa galega céntranse principalmente no aumento da cota de inundación, que chegará a 35 cm a mediados de século (como se pode observar na imaxe), e no aumento da enerxía da ondada. Estas previsións recentes do Ministerio de Medio Ambiente amosan un panorama máis aveso cós anteriores, que fixaban en 50 cm o aumento do nível do mar máis probábel na Península Ibérica para finais de século.

variacin_total_de_la_cota_de_inundacin_m.gif
 

Alén diso, se a mudanza ambiental supera os límites fisiolóxicos das especies (osíxeno disolto, temperatura, salinidade) pódense producir severos danos. As especies que se cultivan sen suplemento alimentar e de xeito extensivo pódense ver afectadas. Acharíanse neste caso os moluscos: mexillóns, ameixas, ostras e vieiras nas rías galegas. Este feito suporía un prexuízo social  e económico moi importante prá Galiza.

Verdegaia e Ecoloxistas en Acción consideran prioritaria a participación do pobo na toma de decisións que conduzan á redución drástica de emisións de gases de efecto estufa que provocan a mudanza climática. Na medida en que os pobos foren máis activos, o camiño cara a sustentabilidade será máis efectivo e rápido.

Ambos colectivos levaron a cabo o 30 e 31 de agosto a campaña “En Acción perante a Mudanza Climática. Non queremos naufragar!” en Vigo. Consistiu nunha serie de actividades de sensibilización na praia de Samil, onde se instalou unha carpa, unha exposición sobre a Mudanza Climática no Litoral, repartiuse información e houbo actividades lúdicas para nen@s e maiores. Proxectouse ademáis un documental elaborado expresamente para a campaña, seguido dunha mesa redonda, no Museo do Mar, na que houbo moita participación. O domingo contamos co acompañamento solidario do grupo musicavigo_web_1.jpgl Shiva.

 

 

 

vigo_web_2.jpg