Ecologistas en Acción e Greenpeace promoveron un manifesto polo peche da central nuclear de Garoña, asinado por máis de 200 personalidades de todos os ámbitos, así como profesionais e empresarios. Verdegaia sumouse a este manifesto a prol do peche de Garoña, unha instalación insegura e totalmente prescindible grazas á achega das enerxías renovables.
Manifesto polo peche da central nuclear de Garoña
A central nuclear de Santa Mª de Garoña (Burgos) é unha instalación insegura e totalmente prescindible grazas á achega das enerxías renovables. O próximo día 5 de xullo remata o seu permiso de explotación. Esta central está sobradamente amortizada desde hai anos. Non hai ningún obstáculo económico que impida pechala, agás os intereses económicos das compañías eléctricas propietarias, Iberdrola e Endesa, que queren seguir lucrándose con esta vella central aínda que sexa á custa de expor á poboación e ao medio ambiente ao risco de sufrir un accidente nuclear. Por último, achamos que o peche da planta non prexudicará o emprego porque o desmantelamento dunha central é un proceso longo e xerador de postos de traballo. Ademais, o sector das enerxías renovables ten unha capacidade de creación de emprego moi superior ao sector nuclear xa que, de todos os xeitos de producir enerxía, a nuclear é a que crea menos postos de traballo.
Razóns para pechar a nuclear de Garoña:
Evitar o risco dun accidente nuclear nesta central, que tería consecuencias desastrosas.
Acabar coa radiactividade que Garoña emite regularmente ao ambiente contaminando a atmosfera e o río Ebro, e que é nociva para a saúde e o medio ambiente.
Deixar de producir residuos radiactivos de baixa, media e alta actividade, co obxectivo de non agravar este problema sen solución que teñen todas as centrais nucleares.
Conseguir que a central nuclear de Garoña deixe de ser un monocultivo industrial no Val de Tobalina que impide un verdadeiro desenvolvemento económico sustentable na zona.
Escoitar á maioría cidadá que reclama o seu peche, xunto a numerosas organizacións sociais, ecoloxistas, sindicais, veciñais, políticas e Institucións.
Eliminar o obstáculo que supón a enerxía nuclear para poder avanzar e acadar un modelo enerxético 100% renovable e eficiente.
Por iso, pido ao Goberno que ordene o peche inmediato e definitivo da central nuclear de Garoña, en cumprimento do seu compromiso electoral e de investidura de abandonar a enerxía nuclear.
|
ASINA TI TAMÉN O MANIFESTO POLO PECHE DE GAROÑA!
Algunhas das máis de 200 sinaturas do manifesto:
Ámbito cultural:
Amparanoia. Cantora
Joaquín Araujo. Naturalista e escritor
Bernardo Atxaga. Escritor
Bebe. Cantora
Marta Belenguer. Actriz
Fernando Berlín. Xornalista
Jordi Bigues. Xornalista
Montse Cano González. Xornalista
Ignacio Carrión. Escritor e Xornalista
Fernando Colomo. Director de cinema
Victor Erice. Director de cinema
Julio Flor. Xornalista
José Luis Gallego. Xornalista
José Antonio Garriga Vela. Escritor
Belén Gopegui. Escritora
Daniel Guzmán. Actor
Joxe Iriarte Bikila. Escritor
Miguel Jara. Xornalista e escritor
Rogelio López Cuenca. Artista
Silvia Marsó. Actriz
M-Clan. Músicos
Sofia Menéndez. Xornalista
Ferran Montesa. Dtor. Le Monde Diplomatique
Pepa Mosquera. Escritora
Ojos de Brujo. Músicos
Sergio de Otto. Xornalista
Pep Planas. Actor
José Antonio Quirós. Director de cinema
Jordi Rebellón. Actor
Rosa Regás. Escritora
Pilar del Río. Pta. Fundación José Saramago
Manuel Rivas. Escritor
Carles Romeu. Humorista gráfico
Txema Sandoval. Actor
Carmen Sarmiento. Xornalista
Jon Sobrino. Teólogo e sacerdote xesuíta
Antonio Soler. Escritor
Coti Sorokin. Cantor e compositor
Matthew Tree. Xornalista
Kiko Veneno. Músico
Enrique Villarreal (Barricada). Músico
Iban Zaldúa. Escritor
Universidadee e científicos
Iñaki Barcena. Profesor Ciencia Política UPV/EHU
Javier Benayas del Alamo. Vicerreitor UAM
Roberto Bermejo. Economía Aplicada UPV/EHU
Ignasi Carreras. Enxeñeiro Industrial
Francisco Castejón. Físico Nuclear
Priscilla Cañizares. Investigadora UAB
Miren Etxezarreta. Catedrática UAB
Manuel Gómez. Catedrático U. Pablo de Olavide
Helen Groome. Doutora en Xeografía
Jon Landeta. Economía UPV/EHU
David Llistar. Cátedra Unesco Sostenibilitat UPB
Salvador López. UNED
Antoni Lloret. Doutor Ciencias Físicas
Félix Moreno. Investigador U. de Córdoba
Mercedes Pardo. Presidente Comité Español de Investigación na mudanza global
Jaime Pastor. UNED
Miquel Porta. Catedrático UAB
Jorge Riechmann. Presidente CIMA
Eduard Rodríguez. Investigador CSIC
Antonio Serrano. Catedrático UPV
Manuel Silva. Enxeñeiro Industrial U. Sevilla
Joan David Tàbara. Institute of Environmental Science and Technology y UAB
Carlos Taibo. Profesor Ciencia Política UAM
Koldo Unceta. Catedrático Economía Aplicada UPV/EHU
Ramón Zallo. Catedrático UPV/EHU
Carlos Cabrillo García. Investigador científico do CSIC.
Antonio Valdés Morales. Profesor de Matemáticas da Universidadee Complutense de Madrid.
Francisco Javier Gallego Rodrigo. Profesor de Matemáticas da Universidadee Complutense de Madrid.
Raúl García-Durán Lara. Profesor da Universidade Autónoma de Barcelona.
Joan Martínez Alier. Catedrático de Economía e Historia Económica da Universidade Autónoma de Barcelona, presidente da Sociedade Internacional de Economía Ecolóxica e da Asociación Europea de Economía Ambiental.
Xavier Cipriano. Enxeñeiro químico profesor da Universidade Politécnica de Catalunya e colaborador da cátedra UNESCO de sustentabilidade.
Rosa Binimelis Adell. Ambientóloga, colaboradora do Instituto de Economía Ecolóxica e Ecoloxía Política e do ICTA.
Núria Almiron. Profesora do Departamento de Comunicación da Universitat Pompeu Fabra.
Ámbito político
Álvaro Abril. PSOE
David Hammerstein. Ex-eurodeputado Los Verdes
Cayo Lara. Coordinador Xeral IU
Gaspar Llamazares. Deputado IU
Joan Herrera. Deputado ICV-Els Verds
Hugo Morán. Deputado PSOE
Raül Romeva. Deputado ICV-Els Verds
Toni Garcia. Responsable d’Els Verds-Esquerra Ecologista.
Laura Vilagrà. Deputada de ERC no Parlament de Catalunya e alcaldesa de Santpedor.
Organizacións ecoloxistas
Juan López de Uralde. Director Greenpeace España
Carlos Bravo. Greenpeace
Luis González Reyes. Coordinador Ecologistas en Acción
Yayo Herrero. Coordinadora Ecologistas en Acción
Marciá Blazques. GOB/Baleares
Chema Catarineu. ANSE/Murcia
José Ángel Herrera. Arca/Cantabria
Juan Carlos del Olmo. Secretario Xeneral WWF
Jordi Miralles. Presidente Fundación Terra
Liliane Spendeler. Responsable Amigos de la Tierra
Alejando Sánchez. Director SEO/BirdLife
Sonia Couso. Coordinadora Xeral de Verdegaia
Antoni Plans i Lladós. Secretario Xeral da Lliga per la Defensa del Patrimoni Natural (DEPANA)
Organizacións sociais e sindicais
Jeromo Aguado. Plataforma Rural
Joaquín Alcalde. Cives Mundi
Alfons Banda. Presidente Fundació per la Pau
Pablo Cabrera. Dtor. Productos Comercio Justo
Francisco Casero Rodríguez. CAAE
Jacinto Cedacero. CGT
Ricardo García Zaldívar. ATTAC
Ainoa Iturbe. EHNE
Ana Etchenique. CECU
Juana Labrador. Presidente SEAE
Miguel López Sierra. Secretario Xeral COAG
Iñaki Markiegi. Presidente Mundubat
Conchy Martín Rey. CECU
Adolfo Muñoz, Secretario Xeral ELA/STV
Joaquín Nieto. Presidente Sustainlabour
Arcadi Oliveres. Presidente de Justícia i Pau
Daniel Rubio. Secretario Xeral Asgeco
Olga Ruiz Legido. Secretaria Xeral FACUA
Augusto Serrano. Secretario Xeral STEs-i
Jesús Uzkundun. CCOO-Euskadi
Enrique Santiago. Secretario Xeral de IEPALA.
Esther Vivas. Coordinadora Àrea sensibilización Xarxa de Consum Solidari.
Carlos Girbau. Coordinador do Foro Social de Madrid.
CNT-Bilbao.
Lola Arpa. Vicepresidenta de SOS Empordanet.
Profesionais e empresarios
Javier Anta. ASIF
Daniel Beltrá. Fotógrafo
Paula Farias. Médico
Ramón Fernández. Enxeñeiro e Urbanista
Antonio Gastón. Arquitecto e urbanista
Diego Gronda. Arquitecto
José Manuel Naredo. Economista
Antxon Olabe Egaña. Economista
Laura Olaizola. Directora de Comunicación
Dolores Romano. Enxeñeira Agrónoma
María Luisa Toribio. Bióloga
Ignasi Puig Ventosa. Enginyer industrial, socio de ENT (Environment and Management).
Jordi Waldemar Nilsson. Enxeñeiro químico e investigador en enerxías renovables.
Sector energético
José Ignacio Ajona. Wagner Solar, S.L.
Alberto Ceña. Director Asociación Empresarial Eólica
Javier García Breva. SOLYNOVA Energía
Juan de Dios Bornay. Bornay Aerogeneradores
Xavier García Casals. Ingeniero Aeronáutico
Jaume Morrón. Director de DialEc
Pep Puig. Enxeñeiro Industrial
Christoph Richter. Institute of Technical Thermodinamics
José Santamarta. Director World Watch
Manolo Vílchez. Microempresario solar