Chegado o fin o tempo outonal, lembramos que hai só unhas semanas, o 12 de outubro, un incendio intencionado, orixinado en varios focos no monte en man común de Taboazas (Lobeira) afectou a 200 hectáreas na zona norte da Serra do Leboreiro (dentro do parque natural da Baixa Limia na serra do Xurés), pertencente á Rede Natura 2000, zona ZEPA/LIC e reserva da Biosfera. Fauna, flora, humidáis e bens arqueolóxicos quedaron gravemente afectados.
Queremos instar ás administración públicas a que traballen na reparación dos danos e na protección do noso patrimonio natural, que tanto tempo leva sofrendo esta praga que, ano tras ano, se torna máis virulenta.
Instamos tamén a que se poñan todos os medios necesarios para a investigación e esclarecemento dos feitos deste atentado ambiental, outro máis de tantos que asolan a nosa terra.