O día 23 de setembro Verdegaia Ourense celebrou a comparativa de medios por segundo ano consecutivo, despois do día “sen coches” e na Semana Europea da Mobilidade. Os resultados serviron para dinamizar a masa crítica do 25 de setembro, que a partir de agora incorporará unha actividade da que se encargará de cada vez unha asociación ou colectivo da Masa crítica (o mes que vén tócalle a Amigas da Terra e o seguinte a Amarante).
Os resultados foron estes:
Medio Tempo Custes económicos Custes ambientais
Combustible Outros Combustible Emis. CO2
(euros) (euros) (litros) por Km.
Bicicleta 31 min. 0 0 0 0
Taxi 32 min. 0 15.50 0.495 0.68
Coche 38 min. 0.598 0.20 0.519 1.39
Autobús 50 min. 0 1.46 0.099 0.26
A pé 63 min. 0 0 0 0
Por segundo ano consecutivo non tivemos a posibilidade de usar a moto, polo tanto non hai resultado deste medio de transporte.
E por segundo ano consecutivo a bicicleta leva o premio tanto en tempo como en sustentabilildade.
Temos que destacar que desta vez ó autobús lle coincidou bastante ben o traxecto, por iso pasou a ser o penúltimo e non o último, como o ano pasado.
O traxecto total foi de 6 quilómetros e 200 metros.