bici-coche.jpgVerdegaia realizou nos últimos anos distintas comparativas de medios de transporte na contorna urbana coa finalidade de establecer con datos fiábeis cal é o medio máis eficaz e eficiente para moverse pola cidade. As probas desenvolveronse en Vigo, Ferrol, Ourense e Compostela. As probas desenvolvense nun intinerario entre puntos que actúen de polos de atración nas respectivas cidades e percorrelo simultáneamente con 5 medios de transporte distintos: a pé, en bicicleta, moto, coche, taxi e autobús. Os traxectos variaron entre 4 e 7 km segundo a cidade e pretenden reflictir un desprazamento normal dentro da cidade para realizar xestións.

Os datos obtidos permiten afirmar que a diferencia entre empregar a bicicleta no canto do automóbil en desprazamentos urbanos durante un ano pode evitar a emisión de 600 kg/CO2, permite gañar 210 horas de tempo e aforrar máis de 400 €

Os resultados nas catro cidades foron moi semellantes podéndose resumir en:

1.      A bicicleta e a moto foron os medios máis rápidos para desplazarse na cidade, pero tendo en conta os custos económicos e as emisións de CO2, a bicicleta é con diferenza a máis eficaz.

2.      As diferenzas de tempo son mínimas (5 a 10 min) entre ir a pe e ir en taxi/coche reflicten dous elementos a ter en conta no momento de decidir o emprego dun ou outro medio de transporte: Os tempos de espera no caso do taxi e os de aparcar (búsqueda e maniobra) no do coche anulan practicamente a vantaxe comparativa co ir a pé, máis se temos en conta so custos monetarios, e a velocidade media nas cidades é moi baixa malia que a sensación do conductor/a sexa distinta.

3.      Os tempos de traxecto do autobús non o fan atractivo para desenvolverse con soltura pola cidade en traxectos combinados. Este factor débese  fundamentalmente á presenza de retencións na cidade así como uns tempos de espera nas paradas excesivamente longo.

4.      O automóbil e con grande diferencia o medio de transporte máis insustentábel ambientalmente e custoso económicamente.

5.      A avaliación conxunta dos distintos parámetros demostran que a bicicleta é o medio máis eficaz para moverse dentro da cidade cun custo económico mínimo, rapidez nos desprazamentos, ocupación mínima do espazo urbano e grandes vantaxes ambientais e sociais.

En base a estes resultados, Verdegaia demanda a adopción de medidas urxentes para reducir o uso do coche nas cidades e trasvasar viaxeiros a outros modos de transporte de menor impacto ambiental, nomeadamente o transporte público colectivo e os desprazamentos non motorizados, isto é, andar ou pedalear.

Estas medidas urxentes teñen que ter unha dobre compoñente simultánea de disuasión e estímulo. Disuasión para o emprego do coche mediante os múltiples mecanismos posíbeis (parquímetros, restricciones de acceso, peajes, non ampliación de estradas, pacificación do tráfico) e estímulo para os medios máis ecolóxicos (melloras no transporte público, con carriles exclusivos, itinerarios peatonales e ciclistas seguros e ampliación de beirarrúas).