No 21 de abril pasado celebrouse a asemblea anual do Núcleo Comarcal (NC) de Compostela de Verdegaia. Ao longo do 2006, Verdegaia-Compostela centrou o seu traballo na mobilidade e o transporte, a biodiversidade, a educación ambiental e o consumo. Na nosa memoria anual 2006 presentámosche Verdegaia-Compostela e o seu labor.

No decurso da asemblea anual do NC de Compostela aprobáronse os informes de actividades, económico e de organización e mais a planificación do traballo até a vindeira asemblea anual. Asemade, acordamos renovar a Comisión Coordenadora Comarcal, que fica integrada por Xosé Veiras (coordenador), Xan Duro (secretario) e María Gigirey (tesoureira).

Até o próximo ano, Verdegaia-Compostela pretende consolidar a súa actividade nos temas xa abordados no ano pasado e ampliar o traballo a novos temas como enerxía, cambio climático ou transxénicos. 

Memoria 2006 Verdegaia Compostela.pdf