can_masdeu_us_convida.jpgA vindeira terza-feira 11 de maio haberá unha palestra sobre Can Masdeu a cargo da galega Vero Graña, que leva vivindo mais dun ano alí. Será às 19:30 no Centro Socio-cultural da Trisca (Santiago de Compostela, Corredoira das Fraguas, 92).

Can Masdeu é un proxecto de vida comunitario, ecolóxico, auto-xestionado, okupado e rurbano que leva mais de sete anos ao pé da cidade de Barcelona. Rurbano é um movemento que intenta conxugar a realidade rural e a urbana.

A palestra está promovida pola cooperativa de consumo Eirado e Verdegaia-Compostela.